Saltar ao contido

Daniel Barata Quintas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Barata Quintas
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Rairiz de Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de maio de 2023 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, inspector de educación Editar o valor en Wikidata

Daniel Barata Quintas, nado en Guillamil (Rairiz de Veiga) o 25 de decembro de 1943 e finado en Ourense o 31 de maio de 2023, foi un inspector de educación e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou ciencias da educación. Exerceu como inspector de educación. Foi membro destacado de Coalición Galega e, tras a escisión desta, impulsada por Victorino Núñez, de Centristas de Galicia. Coa integración desta forza no Partido Popular en 1991, pasou a ser militante desta forza política.

Foi concelleiro en Ourense (1987-1989), deputado no Parlamento de Galicia (1990-2001), conselleiro de cultura e xuventude (1990-1993). Foi o único conselleiro de Centristas de Galicia no primeiro gabinete de Manuel Fraga Iribarne. Dende ese posto foi o responsable da macroexposición de arte galega Galicia no Tempo[1] dirixida por José Manuel García Iglesias (para a cal Milladoiro compuxo en 1991 unha obra en catro movementos) e da primeira gran restauración do mosteiro de San Martiño Pinario. Impulsou o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) dotando de maiores facultades á xerencia do mesmo a través da Lei 2/1991 de 14 de xaneiro.[2]

Conselleiro do Consello de Contas desde o 2000. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta membro do Consello Escolar de Galicia. En abril de 2010, demandou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo fixese un "esforzo de aproximación de posturas"[3] en relación á reforma do Decreto que regula o galego no ensino, que o devandito Consello rexeitou.

Finou en Ourense o 31 de maio de 2023.[4][5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994.

  1. Galicia no Tempo. Xunta de Galicia, 1991. ISBN 84-453-0179-9
  2. Texto da Lei de modificación do IGAEM
  3. Nova no diario Qué! Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. do 7 de abril de 2010 (en castelán).
  4. P, E. (2023-05-31). "Muere Daniel Barata Quintas, conselleiro de Cultura con Fraga entre 1990 y 1993". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-24. 
  5. "Muere el ourensano Daniel Barata, que fue conselleiro de Cultura y Xuventude con Fraga". La Región (en castelán). 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Alfredo Conde
 
Conselleiro de Cultura
 
1990-1993
Sucesor:
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe