Daniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Daniano é, na escala de tempo xeolóxica, a idade e piso máis antigo dos tres que conforman a época e serie Paleoceno. Esténdese no tempo entre os 66 e os 61,6 millóns de anos atrás. A súa base vén definida pola Extinción masiva do Cretáceo-Terciario. O Daniano está precedido polo Maastrichtiano no Cretáceo Superior e é seguido polo Selandiano.[1]

Definición estratigráfica[editar | editar a fonte]

Paisaxe daniana.

O Daniano foi introducido na literatura científica polo xeólogo Pierre Jean Édouard Desor en 1847. Foi denominado así a partir do topónimo latino para Dinamarca. O piso Montiano da estratigrafía belga (polo nome da cidade de Mons) considérase agora un sinónimo obsoleto.

A base do daniano defínese na anomalía de iridio que caracteriza a fronteira cretácea-paleóxena (fronteira K-T) nas seccións estratigráficas en todo o mundo. Unha sección en Kef, Tunisia, foi designada como o perfil de referencia (GSSP) para este importante límite.[2] É moi importante porque a anomalía de iridio é recoñecida facilmente e foraminíferos planctónicos primitivos do Daniano definen a súa base. Os foraminíferos do Daniano repoboaron os mares do Paleoceno despois da extinción masiva do Cretáceo.[3] A primeira substitución de foraminíferos do Paleoxeno é a de Globigerina eugubina, que se utiliza para definir a base do piso Daniano.[4] Este foraminífero substituíu o xénero cretáceo Globotruncana.

A parte superior de piso Daniano (a base do Selandiano ) está cerca do límite bioestratigráfico entre as biozonas mariñas NP4 e NP5. Sitúase un pouco despois das primeiras aparicións de moitas novas especies de plancto calcario do xénero Fasciculithus (F. ulii, F. billii, F. janii, F. involutus, F. tympaniformis e F. pileatus) e preto da primeira aparición da especie de plancto calcario Neochiastozygus perfectus.

O piso Daniano superponse ás idades mamífero de América do Norte Puerciano e Torrejoniano e ás idades mamífero de Asia Shanghuiano e parte baixa do Nongshaniano. Inclúe as máis antigas zonas de mamíferos do Paleóxeno europeo, MP1 a MP5.[5]

Paleontoloxía[editar | editar a fonte]

Aínda que os dinosauros non avianos extinguíronse, os mamíferos e outros animais terrestres pequenos sobreviviron, a maioría nin sequera do tamaño dunha ovella. Con todo había excepcións, como Ankalagon saurognathus, que alcanzaba o tamaño dun oso de tamaño mediano. Numerosas liñaxes de paxaros modernos tamén sobreviviron, particularmente na área ao redor de Australia, pero tamén noutros lugares, por exemplo, Scaniornis na rexión do Mar do Norte. Os océanos mantivéronse moi similares aos mares do Cretáceo Superior, só que había menos vida, uns réptiles mariños (como eran tartarugas e crocodilos), e outros animais menos coñecidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cohen, K.M., Finney, S., Gibbard, P.L. (2013), http://www.stratigraphy.org/ICSchart/ChronostratChart2013-01.pdf, International Commission on Stratigraphy.
  2. O GSSP para o piso Daniano foi establecido por Molinaet al.(2006)
  3. (Olsson et al., 1996 )
  4. (Stainforth et al., 1975 )
  5. Alroy, John. "Mammal Paleogene zones". p. The Paleobiology Database. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Desor, P.J.É.;1847:Sur le terrain Danien, nouvel étage de la craie, Bulletin de la Société Géologique de France, série 2, 3, p. 179-181, ISSN 0037-9409. (en francés)
  • Gradstein, F.M.; Ogg, J.G. & Smith, A.G.;2004:A Geologic Time Scale 2004, Cambridge University Press.
  • Molina, E.; Alegret, L.; Arenillas, I.; Arz, J.A.; Gallala, N.; Hardenbol, J.; Salis, K. von; Steurbaut, E.; Vandenberghe, N. & Zaghbib-Turki, D.;2006:The Global Boundary Stratotype Section and Point for the base of the Danian Stage (Paleocene, Paleogene, "Tertiary", Cenozoic) at El Kef, Tunisia: original definition and revision, Episodes29(4), p. 263-273, ISSN 0705-3797.
  • Olsson, R.K., Liu, C., and Van Fossen, M.;1996:The Cretaceous-Tertiary catastrophe event at Millers Ferry, Alabamain Ryder, G., Fastovsky, D., and Gartner, S., eds., The Cretaceous-Tertiary Event and other catastrophes in Earth history: Geological Society of America Special Paper 307, p. 263-277.
  • Stainforth, R.M., Lamb, J.L., Lutherbacher H., Beard, J.H., and Jeffords, R.M.;1975:Cenozoic planktonic foraminifera zonation and characteristics of index forms: The University of Kansas Paleontological Institute, Article 62, 425 p.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]