Saltar ao contido

Selandiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selandiano
Paleoceno Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Datas
 Data de comezo
hai 61.600.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 59.200.000 anos Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
 Substitúe
Localización
 Lugar significativo
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/08k0kd Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Selandiano é, na escala temporal xeolóxica, a idade e piso intermedio do tres que compoñen o Paleoceno (primeira época e serie do Paleóxeno). Esténdese no tempo entre os 61.6 e os 59.2 millóns de anos desde o presente. O Selandiano está precedido polo Daniano e é seguido polo Thanetiano.[1]

Definición estratigráfica

[editar | editar a fonte]

O Selandiano foi introducido na literatura científica por Alfred Rosenkrantz en 1924. Leva o nome da illa danesa de Selandia (en danés: Sjælland).

A base formal do Selandiano, o GSSP, estableceuse na sección de Zumaia (43° 18' N, 2° 16' W), localizada na praia de Itzurun, País Vasco, cerca do límite entre as biozonas NP4 e NP5.[2][3] Sitúase pouco despois das primeiras aparicións de moitas novas especies de nanoplancto calcario do xénero Fasciculithus (F. ulii, F. billii, F. janii, F. involutus, F. tympaniformis e F. pileatus) e preto da primeira aparición da especie de nanoplancto calcario Neochiastozygus perfectus. Na localidade tipo orixinal en Dinamarca a base do Selandiano era unha discordancia, o que implica unha descontinuidade do rexistro xeolóxico que a invalidaba como referencia.

A parte superior do Selandiano (a base inferior do Thanetiano) colócase na base da cronozona magnética C26n.

Correlación con escalas rexionais

[editar | editar a fonte]

O piso Selandiano solápase coa parte inferior da Idade mamífero de América do Norte Tiffaniano, así como co Peligrano, Tiupampano e Itaboraiano inferior da Idade mamífero de América do Sur e con parte do Nongshaniano na Idade mamífero de Asia. É coetánea coa parte inferior do piso Wangerripiano da escala rexional de Australia.

Fauna e flora

[editar | editar a fonte]

A fauna do Selandiano consistía en serpes xigantes (Titanoboa), crocodilos (Crocodilia), Gastornithiformes[4] Strigiformes; mentres que a fauna de mamíferos estaba composta por algunhas formas de mamíferos arcaicos, como multituberculados, mesoniquios, pantodontos e plesiadapiformes, estes últimos emparentados estreitamente cos primates.[5]

A flora estaba composta por fieitos, anxiospermas e palmeiras.

  1. Cohen, K.M., Finney, S., Gibbard, P.L. (2013) http://www.stratigraphy.org/ICSchart/ChronostratChart2013-01.pdf International Commission on Stratigraphy
  2. Ogg, G. (coord.) «Base of the Selandian Stage of the Paleogene System in the Zumaia section, Spain». Geologic TimeScale Foundation. Consultado el 20 de febrero de 2013
  3. Schmitz, B.; Pujalte, V.; Molina, E.; Monechi, S.; Orue-Etxebarria, X.; Speijer, R. P.; Alegret, L.; Apellaniz, E.; Arenillas, I.; Aubry, M.-P.; Baceta, J. I.; Berggren, W. A.; Bernaola, G.; Caballero, F. Clemmensen, Dinarès-Turell, A. J.; Dupuis, C.; Heilmann-Clausen, C.; Hilario Orús, A.; Knox, R.; Martín-Rubio, M.; Ortiz, S.; Payros, A.; Petrizzo, M. R.; Salis, K. von; Sprong, J.; Steurbaut, E. y Thomsen, E. (2011) «The Global Stratotype Sections and Points for the bases of the Selandian (Middle Paleocene) and Thanetian (Upper Paleocene) stages at Zumaia, Spain Arquivado 05 de novembro de 2014 en Wayback Machine.». Episodes, 34(4): 220-243
  4. Ver para exemplo (Koeberl C., Macleod K, Catastrophic Events and Mass Extinctions: Impacts and Beyond, pp. 305, pp. 304)
  5. Kwok, R. (4 de febreiro de 2009). "Scientists find world's biggest snake". doi:10.1038/news.2009.80.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]