Saltar ao contido

Dani Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDani Iglesias
Nome orixinalDaniel Iglesias Gago
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1995 (31 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Altura1.73 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014   Deportivo da Coruña 1(0)
2013–2015   Deportivo Fabril 80(25)
2015–2019   Deportivo Alavés
2015–2016→ cesión:  CD Guadalajara 33(7)
2018–2019→ cesión:  NK Istra 1961 20(1)
2019–2021 HNK Rijeka 12(0)
2021–2021→ cesión:  FC Spartak Trnava 11(0)
2021–2022 ŠKF Sereď 24(0)
2022–2024 FC Dinamo București 56(5)
  Selección nacional Número de eventos xogados
2011–2011   España sub-16 3(4)
2012–2012   España sub-17 2(0)

Daniel Iglesias Gago, nado en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 1995, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Steaua București de Romanía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na canteira do Deportivo da Coruña en 2007, con 12 anos.[1] Avanzou polas diferentes categorías do club e na tempada 2012/13 debutou co filial, o Fabril, na Terceira División, alternando co equipo xuvenil. Esa campaña participou en 14 partidos co filial e logrou 5 goles.

Na tempada 2013/14 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña en Segunda División, no encontro da segunda xornada en Riazor ante o Córdoba (0–1), substituíndo a Álex Bergantiños. Xogou outros dous partidos esa tempada co equipo adestrado por Fernando Vázquez, correspondentes á Copa do Rei.

Continuou no Fabril ata o final da tempada 2014/15, acumulando un total de 80 partidos e 24 goles. O 31 de xullo de 2015 anunciouse a rescisión do seu contrato co Deportivo da Coruña, despois de oito anos na estrutura do club.[2]

Días máis tarde firmou por catro temporadas co Deportivo Alavés, de Segunda División.[3] Na súa primeira tempada foi cedido CD Guadalajara de Segunda División B,[4] co que disputou 33 partidos e anotou 7 goles. Nas dúas seguintes tempadas xogou co filial do equipo vasco, o Alavés B, na Terceira División, e na 2018/19 foi cedido ao Istra 1961 de Croacia, xunto a Adrián Fuentes, Einar Galilea e Ioritz Landeta.[5] Disputou 22 partidos na Prva HNL, 2 deles na fase de permanencia na que o equipo salvou a categoría ante o Šibenik.

En 2019 foi traspasado ao Rijeka, co que xogou un total de 14 partidos durante a súa primeira tempada, rematando a liga na terceira posición, por detrás do Dinamo Zagreb e do Lokomotiva.[5] Co equipo croata debutou na Europa League, nun partido ante o Aberdeen, e disputou tres partidos na competición europea, ademais de proclamarse campión da Copa de Croacia. Comezou a seguinte tempada en Rijeka pero ante a falta de minutos, foi cedido en febreiro ao Spartak Trnava eslovaco, co que xogou ata o final da campaña, disputando 10 partidos da liga eslovaca (rematando cuarto) e dous da Copa.[6]

En 2021 foi traspasado ao ŠKF Sereď, tamén de Eslovaquia, co que rematou a liga na quinta posición, pero o club foi descendido dúas categorías administrativamente. A continuación instalouse en Romanía, onde fichou primeiramente polo Dinamo București, que viña de descender á Liga II. Na súa primeira campaña en Bucarest conseguiu o ascenso á Liga I, contribuíndo con tres goles na liga regular e outros tres na promoción de ascenso. Na seguinte tempada disputou un total de 36 partidos, conseguindo a salvación na promoción de permanencia.

En 2024 asinou polo Steaua București.[7]

  1. ↑ "Dani Iglesias deja el Deportivo" (en castelán). 1 de agosto de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2022.
  2. ↑ "El Deportivo y Dani Iglesias llegan a un acuerdo para la rescisión de su contrato". Deportivo da Coruña (en castelán). 31 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2022.
  3. ↑ "Dani Iglesias jugará en el Alavés". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-08-11. Consultado o 2020-02-06.
  4. ↑ "Dani Iglesias se marcha cedido al CD Guadalajara". deportivoalaves.com (en castelán). 01 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015.
  5. 1 2 Fuentes, Luis (16 de xullo de 2019). "El Alavés traspasa a Dani Iglesias al Rijeka de Croacia". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
  6. ↑ De la Fuente, Óscar (21 de xuño de 2021). "En busca de un nuevo desafío tras probar la locura eslovaca" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
  7. ↑ "Decarul lui Dinamo, Dani Iglesias, s-a înţeles cu Steaua" (en romanés). 22 de xuño de 2024. Consultado o 29 de decembro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]