Damien Chazelle
(2014) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Damien Sayre Chazelle 19 de xaneiro de 1985 Providence, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade Harvard Princeton High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filme |
| Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, director de fotografía, guionista, realizador |
| Período de actividade | 2009 |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Olivia Hamilton (2018–) Jasmine McGlade (2010–2014), divorcio |
| Pais | Bernard Chazelle |
| Irmáns | Anna Chazelle |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Q73463490 |

Damien Chazelle, nado en Providence (Rhode Island) o 19 de xaneiro de 1985 é director de cinema e guionista estadounidense.
Recibiu boas críticas por Whiplash (2014), o seu segundo filme como director, baseado na súa curtametraxe homónima de 2013. O filme foi exhibido no Festival de Cinema de Sundance, onde gañou o gran premio do xurado e o premio do público. Recibiu cinco candidaturas na 87ª edición dos Oscar, entre elas a de mellor guión adaptado para Chazelle, e gañou tres premios.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Providence (Rhode Island), é fillo do informático Bernard Chazelle e da escritora Celia Martin.
Debutou como director e guionista con Guy and Madeline on a Park Bench, un filme dedicado ao jazz estreado en 2009. Máis tarde, participou nos guións de The Last Exorcism Part II (2013) e Grand Piano (2013). Co seu segundo filme como director, Whiplash (2014), obtivo o Gran Premio do xurado no Festival de Cinema de Sundance e varias candidaturas na 87ª edición dos Oscar.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Director
[editar | editar a fonte]- Guy and Madeline on a Park Bench (2009)
- Whiplash (2013) - curtametraxe
- Whiplash (2014)
- La La Land (2016)
Guionista
[editar | editar a fonte]- Guy and Madeline on a Park Bench (2009)
- Grand Piano (2013)
- The Last Exorcism Part II (2013)
- Whiplash (2013) - curtametraxe
- Whiplash (2014)
- 10 Cloverfield Lane, dirixido por Dan Trachtenberg (2016)
- La La Land (2016)