Dalton Trevisan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dalton Trevisan
Nome completoDalton Jérson Trevisan
Nacemento14 de xuño de 1925
 Curitiba
NacionalidadeBrasil
Alma máterUniversidade Federal do Paraná
Ocupaciónescritor e avogado
PremiosPrêmio Jabuti, Prêmio Jabuti, Prêmio Jabuti, Prêmio Jabuti, Premio Camões e Prêmio Machado de Assis
editar datos en Wikidata ]

Dalton Jérson Trevisan, nado en Curitiba o 14 de xuño de 1925, é un escritor brasileiro, famoso polos seus libros de contos, especialmente O Vampiro de Curitiba (1965), e pola súa natureza reservada.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trevisan traballou durante a súa xuventude na fábrica de vidros de súa familia e chegou a exercer a avogacía durante 7 anos, despois de se licenciar na Facultade de Dereito do Paraná (actual UFPR). Cando era estudante de Dereito, Trevisan acostumaba lanzar os seus contos en modestos folletos. Liderou o grupo literario que publicou, entre 1946 e 1948, a revista Joaquim. O nome, segundo el, era "unha homenaxe a todos os Joaquins do Brasil". A publicación tornouse voceira dunha xeración de escritores,[2] críticos e poetas. Reunía ensaios asinados por Antonio Cândido, Mário de Andrade e Otto Maria Carpeaux e poemas até entón inéditos, como "O Caso do Vestido", de Carlos Drummond de Andrade. A revista tamén traía traducións de Joyce, Proust, Kafka, Sartre e Gide e era ilustrada por artistas como Poty, Di Cavalcanti e Heitor dos Praceres. A publicación, que circulou até decembro de 1948, contiña o material dos seus primeiros libros de ficción, incluíndo Sonata ao Luar (1945) e Sete Anos de Pastor (1948) - dúas obras das que renegou o autor-. En 1954 publicou o Guia Histórico de Curitiba, Crônicas da Província de Curitiba, O Dia de Marcos e Os Domingos ou Ao Armazém do Lucas, edicións populares á maneira dos folletos de feira.

Inspirado nos habitantes da cidade, creou personaxes e situacións de significado universal, en que as tramas psicolóxicas e os costumes son recriados por medio dunha linguaxe concisa e popular, que valoriza os incidentes do cotián sufrido e angustiante. Publicou tamén Novelas Nada Exemplares (1959) e gañou o Premio Jabuti da Cámara Brasileira do Libro. Como era de esperar, non asistiu, enviou un representante para recibilo. Morte na Praça (1964), Cemiterio de Elefantes (1964) e O Vampiro de Curitiba (1965). Illado dos medios intelectuais e concorrendo so pseudônimo, Trevisan conquistou o primeiro lugar do I Concurso Nacional de Contos do Estado do Paraná, en 1968. Escribiu despois A Guerra Conjugal (1969), posteriormente transformada nun premiado filme, dirixido por Joaquim Pedro de Andrade, Crimes da Paixão (1978) e Lincha Tarado (1980). En 1994 publicou Ah, é?, obra prima do estilo minimalista. A súa única novela publicada é A Polaquinha.[3]

É recoñecido como un importante contista da literatura brasileira por gran parte dos críticos do país. Non obstante, é remiso a entrevistas e exposicións en órganos de comunicación social, creando unha atmosfera de misterio en torno do seu nome. Por ese motivo recibiu o alcume de "Vampiro de Curitiba", nome dun de seus libros. Asina só "D. Trevis" e non recibe a visita de estraños.[4]

Foi elixido por unanimidade vencedor do Premio Camões de 2012, ano en que tamén recibiu o Premio Machado de Assis, da Academia Brasileira de Letras, polo conxunto da súa obra.[5][6]

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • Novelas nada Exemplares (1959)[7]
  • Cemitério de Elefantes (1964)
  • Morte na Praça (1964)
  • O Vampiro de Curitiba (1965)
  • Desastres do Amor (1968)
  • Mistérios de Curitiba (1968)
  • A Guerra Conjugal (1969)
  • O Rei da Terra (1972)
  • O Pássaro de Cinco Asas (1974)
  • A Faca No Coração (1975)
  • Abismo de Rosas (1976)
  • A Trombeta do Anjo Vingador (1977)
  • Crimes de Paixão (1978)
  • Primeiro Livro de Contos (1979)
  • Vinte Contos Menores (1979)
  • Virgem Louca, Loucos Beijos (1979)
  • Lincha Tarado (1980)
  • Chorinho Brejeiro (1981)
  • Essas Malditas Mulheres (1982)
  • Meu Querido Assassino (1983)
  • Contos Eróticos (livro) (1984)
  • A Polaquinha (1985)
  • Noites de Amor em Granada
  • Pão e Sangue (1988)
  • Em Busca de Curitiba Perdida (1992)
  • Dinorá - Novos Mistérios (1994)
  • Ah, É? (1994)
  • 234 (1997)
  • Vozes do Retrato - Quinze Histórias de Mentiras e Verdades (1998)
  • Quem tem medo de vampiro? (1998)
  • 111 Ais (2000)
  • Pico na veia (2002)
  • 99 Corruíras Nanicas (2002)
  • O Grande Deflorador (2002)
  • Capitu Sou Eu (2003)
  • Arara Bêbada (2004)
  • Gente Em Conflito (con Antônio de Alcântara Machado) (2004)
  • Macho não ganha flor (2006)
  • O Maníaco do Olho Verde (2008)
  • Uma Vela Para Dario (talvez 2008)
  • Violetas e Pavões (2009)
  • Desgracida (2010)
  • O Anão e a Ninfeta (2011)
  • O beijo na nuca (2014)

Renegados polo autor[editar | editar a fonte]

Primeiros libros publicados, dos que o autor renegou. Editores descoñecidos.

  • Sonata ao Luar (1945)
  • Sete Anos de Pastor (1948)

No exterior[editar | editar a fonte]

  • De koning der aarde (O Rei da Terra) - tradución de August Willemsen - Amsterdam (1975)
  • The Vampire of Curitiba and Others Stories - tradución de Gregory Rabassa, Alfred A. Knopf - Nova York (1972)
  • De vijfvleugelige vogel (O Pássaro de Cinco Asas) - trad. August Willemsen - Amsterdam (1977)

En español[editar | editar a fonte]

  • Novelas nada ejemplares - tradución de Juan García Gayo, Monte Ávila Editores - Caracas (1970)
  • La guerra conyugal - tradución de Juan García Gayo, Monte Ávila Editores - Caracas (1972)
  • El vampiro de Curitiba - tradución de Haydée M. J. Barroso, Sudamericana - Buenos Aires (1976)
  • Cementerio de elefantes - Editorial Norma - Colombia (1993)
  • La trompeta del ángel vengador - Editorial Mardulce - Buenos Aires (2013)

Contos en antoloxías alemás (1967 e 1968), arxentinas (1972 e 1978), americanas (1976 e 1977), polacas (1976 e 1977), sueca (1963), venezolana (1969), danesa (1972) e portuguesa (1972).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Prémio Jabuti de Literatura (1960, 1965, 1995 e 2011)
  • Prémio da Associação Paulista dos Críticos de Arte (1976)
  • Prêmio Portugal Telecom de Literatura (2003)
  • Prêmio Literário da Fundação Biblioteca Nacional (2008, 2015)
  • Prêmio Camões (2012)
  • Prêmio Machado de Assis (2012)
  • Prêmio do Negrinho (2013)

Filme[editar | editar a fonte]

Guerra Conjugal (1974), historias e diálogos do autor, guión e dirección de Joaquim Pedro de Andrade.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dalton Jérson Trevisan". Recanto das Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-11. 
  2. Maydeu, Javier Aparicio (2017-07-31). "Estampas de la condición humana". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-11. 
  3. "Dalton Trevisan". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-11. 
  4. "Dalton Trevisan - Escritores - Site do Escritor". www.sitedoescritor.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-11. 
  5. "Dalton Trevisan distinguido com o Prémio Camões - Cultura - PUBLICO.PT". web.archive.org (en portugués). 2012-05-21. Consultado o 2020-04-11. 
  6. "Trevisan e a batalha na ABL. Radar on-line - Lauro Jardim - VEJA.com". web.archive.org (en portugués). 2013-06-23. Consultado o 2020-04-11. 
  7. Dalton Trevisan - Biografia Projeto Releituras
  8. "Guerra Conjugal (1975)" (en castelán). Consultado o 2020-04-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]