Manuel Mosquera
Manuel Mosquera | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Alfredo Mosquera Bastida | ||
Nacemento | 10 de agosto de 1968 (54 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Talavera (adestrador) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1989–1991 | Deportivo da Coruña | 21 | (1) |
1991–1996 | Extremadura | 171 | (61) |
1996–1998 | Compostela | 51 | (3) |
1998–2005 | Extremadura | 261 | (39) |
Adestrador | |||
Cerceda (xuvenil) | |||
Cerceda B | |||
Laracha | |||
2014–2016 | Deportivo B | ||
2019–2020 | Extremadura | ||
2021–2022 | Extremadura | ||
2022– | Talavera | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Alfredo Mosquera Bastida, nado na Coruña o 10 de agosto de 1968, é un adestrador e exfutbolista galego.
Xogaba de dianteiro e desenvolveu a maior parte da súa carreira no CF Extremadura, onde xogou 13 tempadas e marcou 109 goles, o que o coloca como o máximo goleador da historia do club. Dende 2022 adestra o Talavera de la Reina, na Primeira División RFEF.
É pai do tamén futbolista Manu Mosquera.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na tempada 1989–90 xogou no Deportivo da Coruña, en Segunda División, logrando o ascenso a tempada seguinte. No club coruñés participou en 22 encontros e anotou 1 gol. Na tempada 1991–92 fichou polo CF Extremadura, de Segunda División B, conseguindo o ascenso á Segunda na 1993/94 e á Primeira na 1995/96. Na tempada 1996–97 foi contratado pola SD Compostela, en Primeira División. Permaneceu dúas campañas no club santiagués, no que participou en 60 partidos e marcou 4 goles.
Na tempada 1997–98 volveu ao CF Extremadura, club no que permaneceu até a campaña 2004–05. Na súa primeira campaña desta segunda volta no club estremeño logrou un novo ascenso a Primeira División, descendendo ao final do curso. Na tempada 2001–02 o club descendeu a Segunda División B. Durante as súas dúas etapas e trece tempadas no Estremadura, disputou un total de 479 partidos e marcou 109 goles,[1] converténdose no máximo goleador da historia do equipo.[2]
Adestrador[editar | editar a fonte]
A partir de 2005 actuou como adestrador do Centro Cultural e Deportivo Cerceda na Terceira División.[3]
En xuño de 2014 anunciouse como substituto de José Luis Devesa á fronte do Deportivo B, en Terceira División.[4] Permaneceu no club coruñés dúas tempadas con bos resultados, clasificando ao equipo para a fase de ascenso nas dúas ocasións, aínda que sen conseguir subir de categoría. En 2016, deixou o posto de adestrador do Fabril pero seguiu ligado á entidade branquiazul, como adxunto á dirección deportiva do club, traballo que compaxinou coa dirección da escola de adestradores da Federación Galega.[5]
O 27 de febreiro de 2019 abandonou a secretaría técnica do club galego e asinou como novo adestrador do Extremadura UD, club sucesor do desaparecido CF Extremadura no que destacara como futbolista. O técnico coruñés regresou a Almendralexo co obxectivo de lograr a permanencia na Segunda División. Logrou dito obxectivo 2 xornadas antes do remate da tempada, despois de empatar a 0 ante o CD Lugo no Francisco de la Hera.[6] Na tempada seguinte o club descendeu á Segunda División B, mais con todo o presidente anunciou que o adestrador coruñés continuaría á fronte do equipo na seguinte campaña.[7] Durou só cinco xornadas da tempada 2020/21, sendo destituído o 22 de novembro tras acumular o equipo dúas vitorias, dous empates e unha derrota.[8] O seu substituto, José Antonio Ruiz, non logrou ningunha vitoria e foi destituído tras só catro partidos, sendo contratado de novo Mosquera.[9] Na súa segunda etapa como adestrador do equipo, tivo que lidar cos problemas económicos do club, que finalmente levaron á desaparición da entidade a comezos de 2022.[10]
Trala disolución do Extremadura fichou polo Talavera, da mesma categoría, onde ocupou o lugar do destituído Víctor Cea.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Partidos de Manuel Mosquera". www.bdfutbol.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ "El histórico Manuel Mosquera regresa al Francisco de la Hera como técnico" (en castelán). 27 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ "Manuel Mosquera sustituye al destituido Sorbet en el Cerceda". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 2007. Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ Manuel Mosquera releva a José Luis Devesa al frente del Fabril; Deportivo da Coruña, 18 de xuño de 2014 (en castelán)
- ↑ Centeno, Alexandre (18 de xuño de 2016). "Manuel Mosquera reforzará la dirección deportiva del Dépor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ "El Extremadura logra la permanencia y condena al Lugo al sufrimiento" (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ "Oficial: Manuel Mosquera seguirá en el Extremadura" (en castelán). 3 de agosto de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ "El Extremadura destituye a Manuel Mosquera" (en castelán). 22 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ Vilas, Martín (5 de xaneiro de 2021). "Manu Mosquera vuelve al Extremadura un mes después de su destitución" (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Desaparece el Extremadura UD". COPE (en castelán). 26 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ "Manuel Mosquera sustituye a Víctor Cea como entrenador del Talavera" (en castelán). 8 de abril de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022.
- Nados en 1968
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do CF Extremadura
- Xogadores da SD Compostela
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Laracha CF
- Adestradores do Deportivo Fabril
- Adestradores do Extremadura UD
- Adestradores do CF Talavera de la Reina