DNEG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

DNEG é unha compañía británica de efectos visuais animación por ordenador e conversión estéreo que foi fundada en 1998 en Londres.[1]

A compañía recibiu catro Premios Oscar polo seu traballo nos filmes Inception, Interstellar, Ex Machina e Blade Runner 2049.[2] Ademais, DNEG tamén recibiu premios BAFTA por Inception, Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte), Interstellar, Blade Runner 2049 e Black Mirror - tempada 4: Metalhead[3], e premios polos efectos visuais polo seu traballo en filmes como O cabaleiro escuro: a lenda renace, Sherlock Holmes, Inception, Interstellar, Dunkirk e Blade Runner 2049[3].

DNEG ten a súa sede en Fitzrovia, Londres, con oficinas en Vancouver, Bombai, Os Ánxeles, Chennai, Montreal, Hyderabad, Chandigarh e Goa .[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cheshire, Tom (11 de xaneiro de 2013). Wired, ed. "Action heroes: Soho's VFX teams illustrated by Soho's VFX teams". Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  2. Failes, Ian (3 de abril de 2018). VFX Voice, ed. "Double Negative: Double Decades of Double Positives". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. "About us". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  4. "Contact".