Débora Arango
Débora Arango | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de novembro de 1907 |
Lugar de nacemento | Medellín |
Falecemento | 4 de decembro de 2005 |
Lugar de falecemento | Envigado |
Soterrada | Iglesia de San Marcos |
Nacionalidade | Colombia |
Alma máter | Escuela Nacional de Pintura, Escultura y Grabado |
Ocupación | pintora |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Débora Arango Pérez, nada en Medellín o 11 de novembro de 1907 e finada en Envigado o 4 de decembro de 2005, foi unha pintora expresionista e acuarelista colombiana. Transgresora na súa pintura, abordou a crítica social e política ademais de ser a primeira pintora colombiana en pintar espidos femininos.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era filla de Castor María Arango Díaz e Elvira Pérez. A súa rebeldía comezou desde moi nena, cando en "complicidade" con algúns familiares vestía de home e saía a cabalgar, actividade censurada para as mulleres da época porque "iso era cousa de homes". Tamén dende nena mostrou boas actitudes pola pintura e a arte, anos despois ingresou ao Instituto de Belas Artes de Medellín. Foi alumna do mestre Eladio Vélez, quen lle ensinou os segredos do debuxo e do mestre Pedro Nel Gómez con quen aprendeu a dinámica da forma, a vitalidade do movemento e o colorido. Mentres tanto, na biblioteca da súa tía, descubriu os filósofos e escritores de todas as tendencias; por intermedio dos seus irmáns, estudantes de medicina, accedeu a libros de anatomía que lle permitiron o estudo do corpo humano.[1]
En 1937, expuxo acuarelas de paisaxes, animais e natureza morta, xunto ás súas compañeiras do taller de Nel Gómez. En 1938, apartouse do seu mestre e comezou a traballar soa, experimentando con espidos de tamaño natural e pintando escenas da vida real. Un ano despois participou na "Exposición de Artistas Profesionais" no Club Unión de Medellín[2][3]onde expuxo acuarelas e óleos, incluíndo dous espidos, un deles "Cantarina de Rosa": gañou o primeiro premio e o escándalo estalou. A sociedade política e intelectual repudiou a súa obra e cualificouna de sórdida, impúdica e pornográfica.
En 1946 viaxou a México para perfeccionar e estudar os muralistas; de regreso, en 1948, expuxo en Medellín, pero o seu espido, esta vez "La adolescencia" volveu escandalizar á sociedade e estivo a piques de ser excomungada polas reiteradas queixas que a liga da Decencia de Medellín elevou polo "inmoral" dos seus cadros.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Débora Arango, pintora colombiana que escandalizó con sus cuadros de desnudos". elmundo.es (en castelán). 05 de decembro de 2005. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ Muñoz López, Pilar (xaneiro 2018). "Justicia. Débora Arango". Revista con la A (en castelán) (55). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 22 de abril de 2019.
- ↑ Cortés (8 de marzo de 2018). "La mujer que marcó la diferencia en el arte colombiano". Colombia Aprende (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2019.