César Longo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Paderne | |
1999 – 2023 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Paderne |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
César Longo Queijo, nado na Coruña en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi candidato á alcaldía de Paderne polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1983, sendo a segunda forza máis votada con 3 concelleiros. Nas municipais de 1987 e 1991 conseguiu mellorar os seus resultados con 4 e 5 concelleiros, respectivamente, sendo nesta última ocasión a forza máis votada ó bordo da maioría absoluta, pero un pacto entre o PPdeG e os Independentes por Paderne privouno da alcaldía. Nas municipais de 1995 baixou a 4 edís, por detrás do PPdeG, e apoiou ao independente José Abrodos López como alcalde. Porén, en xullo de 1996 apoiou unha moción de censura que lle devolveu a alcaldía ó popular José Luís Pico Espiñeira.
Nas eleccións municipais de 1999 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE, logrou de novo 4 concelleiros e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG e Independentes de Paderne. Nas municipais de 2003 foi reelixido de novo alcalde con maioría absoluta, así como en 2007, 2011 e 2015. Foi deputado provincial de 2011 a 2015.[1] Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e acadou de novo a alcaldía como cabeza da lista máis votada.[2] Nas municipais de 2023 non se presentou á reelección e foi substituído á fronte da alcaldía polo seu compañeiro Sergio Platas Casal.
Predecesor: José Luis Pico Espiñeira |
Alcalde de Paderne 1999 - 2023 |
Sucesor: Sergio Platas Casal |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Longo Queijo, César". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.