Ctenidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Bivalvo mostrando os ctenidios.

O ctenidio é o órgano respiratorio ou branquia da maioría dos moluscos.

Pleurobranchaea meckelii vivo amosando os ctenidios.

Así mesmo, denomínase tamén ctenidios ás estruturas formadas por unha fileira de espiñas, que se asemellan aos dentes dun peite, que presentan na cabeza, no tórax ou en ambas as partes, algunhas pulgas, e tamén ás que forman as oito fileiras lineais de cilios que se moven sincronicamente para nadar, nos ctenóforos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico ctenidium, que romanceamos como ctenidio,[1] está construído polos elementos cten-, tirado do neoloxismo grego κτενίδιον ktenídion, diminutivo derivado do grego antigo κτείς κτενός kteís ktenós, 'peite', e -ĭdium, sufixo que indica 'cousa pequena'.[2][3]

Nos moluscos[editar | editar a fonte]

Estrurura e localización[editar | editar a fonte]

Os ctenidios constan dun eixe lonxitudinal que ten nervios, músculos e vasos sanguíneos e numerosas expansións filiformes laterais, cuxa posición alterna coa dos filamentos do lado oposto. Para impedir que os filamentos colapsen, posúen unha variña esquelética quitinosa.

Localízanse a cada lado da cavidade paleal e mantéñense na súa posición mediante unha membrana dorsal e outra ventral, de modo que as branquias dividen a cavidade paleal en dúas cámaras, unha superior e outra inferior.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

A auga penetra na cámara inferior ou inhalante, ascende, atravesa os ctenidios, alcanza a cámara dorsal ou exhalante e sae ao exterior. A circulación da auga na cavidade paleal lévase a cabo principalmente polo batido dos cilios que recobren os filamentos do ctenidio.

Os vasos sanguíneos discorren polo eixe do ctenidio. O vaso aferente, que provén do corazón, achega o sangue desoxixenado, e o vaso deferente devolve o sangre oxixenado ao corazón. O sangue circula entre os filamentos por difusión, formando unha corrente contraria á da auga, o que maximiza o intercambio de gases.

Cabeza de C. cattus. Sinálanse dous tipos de ctenidios, os da gálea e os do pronoto.

Nas pulgas[editar | editar a fonte]

Nos sifonápteros (as pulgas comúns), os ctenidios son apéndices moi curtos articulados en tres segmentos (antenómeros) que sobresaen da súa cabeza e que son utilizados para adherirse mellor á pel dos animais que os hospedan.

Falando propiamente, o termo utilízase sobre todo para as especies do xénero Ctenocephalides (que integra, por exemplo, ás pulgas do gato ou as do can).

Noutros casos prefírense os nomes de antenas, serdas ou espiñas.[4]

Nos ctenóforos[editar | editar a fonte]

Nos ctenóforos o ctenidio é unha especie de peite ou paleta vibrátil provisto de cilios distribuñidos nalgunhas series (normalmente oito) ao longo do corpo do animal. Batendo estas estruturas de maneira coordinada entre elas, os ctenidios permiten ao organismo moverse lentamente na auga.

Este ritmo está regulado por un estatocisto, un órgano do sentido do equilibrio (denominado apical porque está situado na parte superior do corpo, o polo apical). Cada ctenidio está relacionado co sistema nervioso, e permite a cada unaha das series ciliadas vibrar coa mesma frecuencia, ou a diferentes velocidades, dependendo do movemento que o animal pretende lograr.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. castelán, ctenidio; francés, cténidie; italiano ctenidio; portugués ctenídio.
  2. ctenidium no Merriam Webster Unabridged Dictionary.
  3. cteniduim en wordnik.
  4. Immaxes de ctenidos dalgúns tipos de pulgas pódense ver en Vincenzo Petrarca, Schede del corso di Parassitologia - Pidocchi e pulci, p. 19.
  5. Algunhas imaxes dos ctenidos dos ctenóforos poden verse na Guida al riconoscimento del plancton neritico dei mari italiani Arquivado 23 de xuño de 2015 en Wayback Machine., Roma, Ministero dell'Ambiente, 2006, vol. II-Tavole, p. 193.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]