Unión del Pueblo Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unión del Pueblo Español
Partido político español disolto en 1976
Dirixentes e organización
LíderCruz Martínez Esteruelas
Adolfo Suárez González
Historia
Fundación1976
Disolución1976 1
Posicións políticas
Ideoloxíadereita, conservadorismo
1 Integración en Alianza Popular.

Unión del Pueblo Español (Unión do Pobo Español (UDPE) en galego) é unha asociación política creada no tardofranquismo e que, convertida en partido político, formaría xunto con outras forzas Alianza Popular en setembro de 1976. As asociacións políticas foron resultado do desenvolvemento da Lei Orgánica do Estado de 1966 e pretendían impulsar un limitado pluralismo dentro do réxime franquista, se ben non tiveron máis capacidade cá de organizar as forzas políticas do franquismo ante o proceso da Transición.

Lideraron a "Unión del Pueblo Español", o entón ministro de Educación e Ciencia, Cruz Martínez Esteruelas e o vicesecretario xeral do Movemento Nacional, Adolfo Suárez. A "Unión del Pueblo Español" quería agrupar a todos aqueles políticos máis oficialistas do franquismo, ligados ó aparato burocrático do Movemento. A pesar de que Cruz Martínez Esteruelas ingresara en Alianza Popular, foi Adolfo Suárez, cando se puxo á fronte da Unión de Centro Democrático, quen aproveitou esta estrutura nas eleccións de 1977.