Cruz Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cruz Martínez
Datos persoais
Nacemento 7 de febreiro de 1960
Lugar A Armenteira, Meis Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía
Cruzmartinezassinatura.jpg

Cruz Martínez Vilas, nada na Armenteira, Meis en 1960, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundadora do grupo A porta verde do sétimo andar, 2005. Penúltimo Acto, 2010. Trisquel-Art, 2012. Pertence á Asociación Cultural O Castro de Vigo. Forma parte do consello editorial de Círculo Edições.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Espelho de mim mesma, 2014, Círculo Edições.
  • Xerografia em branco e negro, 2014, Corpos Editora, Porto.
  • Stand by, num estado de emergência, 2015, Poesia fã Clube, Porto.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A porta verde do sétimo andar, 2007, A porta verde do sétimo andar.
  • XXII Festival de Poesia do Condado: Galiza non se vende!!!, 2008, S. C. D. Condado.
  • Premios Terras de Chamoso. I. II e III, 2007-2009.
  • Acción poética, 2010, Penúltimo Acto - Acción Poética.
  • Mulheres entre poesia e luita, 2011.
  • VIII Certame Literario Concello de Ames, 2011.
  • 18, 2011, Penúltimo Acto - Acción Poética.
  • Encontros Mar, 2012, Aveiro.
  • Colectânea de Poesia, 2013, Porto.
  • Meis é poesía, 2013.
  • Versos no Olimpo, 2013, Toxosoutos.
  • Versus cianuro, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Alén do silencio, 2014.
  • Un libro de libros, 2014.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Primeiro premio no XXII Certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) no 2008, por Amante tocada pola antropofaxia.
  • Segundo premio no I Certame Terras de Chamoso no 2008, por Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante.
  • Mención de Honra "Concurso Internacional de Cuento breve y Poesía". Homenaxe a Manuel Curros Enríquez da Casa galega de Bos Aires (Arxentina) no 2008, polo poema Tallo de pedra pendurado na memoria.
  • Segundo premio no XXIII Certame Feliciano Rolán no 2009, por Se cadra, son pequena de máis.
  • Segundo premio no III Certame de Poesía Mulleres do noso tempo no 2010, por A palabra xurdiu da dislalia.
  • Segundo premio no VIII Certame Literario Concello de Ames no 2011, por Atraídos por un choque de feromonas.
  • Primeiro premio no XXVI Certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) no 2012, por Contemplo o proceso inevitábel da despedida.
  • Segundo premio do I Certame Literario de poesía e relato curto Xosé Neira Vilas no 2012, por A coleccionista de cicatrices.
  • Primeiro premio no II Certame de Poesía Manuel María da Casa Galega de Guipúscoa no 2014, por O lánguido ocaso dunha dalia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]