Cristina García Rodero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina García Rodero

Cristina García Rodero nun acto en Donostia
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Puertollano, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid (1974–2008)
Florencia Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFotógrafa e fotoxornalista
Período de actividade1971 Editar o valor em Wikidata - 2008 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Dr. Erich Salomon (1990)
Premio Kaulak de Fotografía (1995)
Premio Nacional de Fotografía (1996)

Facebook: Cristina-Garc%C3%ADa-Rodero-63049964240 Dialnet: 2124598 Musicbrainz: cab16809-fb77-4545-92fa-413f7c4ce855 Discogs: 3328450 Editar o valor em Wikidata

Cristina García Rodero, nada o 14 de outubro de 1949 en Puertollano (Provincia de Cidade Real), é unha fotógrafa española. Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e a primeira e única persoa de nacionalidade española integrante de Magnum Photos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira docente no ano 1974 dando clase de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Madrid. En 1983 comezou a impartir clases de fotografía na Facultade de Belas Artes na UCM, que seguiu realizando ata 2007.

Traxectoria artística[editar | editar a fonte]

As súas primeiras obras apareceron nos concursos universitarios a finais da década de 1960. En 1973 comezou a fotografar costumes e festas por toda España, para o que recibe unha bolsa de estudos. Máis tarde realizou reportaxes sobre tradicións en diferentes países.

En 2005 conseguiu entrar a formar parte da axencia de fotoxornalismo Magnum Photos, sendo a primeira e única persoa española en conseguilo.[1]

O 18 de febreiro de 2013, en Sesión Plenaria Extraordinaria celebrada pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi elixida como Académica de Número para a sección de Novas Artes da Imaxe, ocupando a medalla vacante que posuíra Luis García Berlanga.

No 2019 foi elixida académica de honra da Real Academia Galega de Belas Artes.

Libros publicados[editar | editar a fonte]

  • España oculta, Ed. Lunwerg S.L., Barcelona, 1989 ISBN 84-7782-779-6
  • Grabarka, o monte das 600 cruces: unha peregrinación ortodoxa en Polonia, Ed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000 ISBN 84-453-2846-8
  • Lo Festivo y lo Sagrado, Ed. Consellería de Cultura da Comunidade de Madrid, Madrid, 2001
  • Cristina García Rodero, Ed. La Fábrica, Madrid, 2004 ISBN 84-95471-92-2
  • A peregrinación a Santiago en Haití, Ed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004 ISBN 84-453-3832-3
  • Benicàssim. El Festival, Ed. ACTAR, Barcelona, 2007 ISBN 978-84-96954-27-4
  • Trastempo, Ed. La Fábrica, Madrid, 2010 ISBN 978-84-453-4956-4
  • Lalibela, Ed. La Fábrica, Madrid, 2017 ISBN 978-84-17048-19-8

Museo Cristina García Rodero[editar | editar a fonte]

O 12 de setembro de 2018 inaugurouse na súa vila natal o Museo Cristina García Rodero, o primeiro centro adicado a unha fotógrafa.[2] O espazo alberga unha sala permanente con obras da propia artista.

O museo atópase nas instalacións do antigo Museo Municipal e foi financiado polo Concello de Puertollano, a Xunta de Castela-A Mancha e a Deputación de Cidade Real.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]