Cristina García Rodero
Cristina García Rodero | |
---|---|
![]() Cristina García Rodero nun acto en Donostia | |
Nome completo | Cristina García Rodero |
Nacemento | 14 de outubro de 1949 |
Lugar de nacemento | Puertollano |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | Fotógrafa e fotoxornalista |
Premios | Premio Dr. Erich Salomon (1990) Premio Kaulak de Fotografía (1995) Premio Nacional de Fotografía (1996) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cristina García Rodero, nada o 14 de outubro de 1949 en Puertollano (Provincia de Cidade Real), é unha fotógrafa española. Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e a primeira e única persoa de nacionalidade española integrante de Magnum Photos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira docente no ano 1974 dando clase de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Madrid. En 1983 comezou a impartir clases de fotografía na Facultade de Belas Artes na UCM, que seguiu realizando ata 2007.
Traxectoria artística[editar | editar a fonte]
As súas primeiras obras apareceron nos concursos universitarios a finais da década de 1960. En 1973 comezou a fotografar costumes e festas por toda España, para o que recibe unha bolsa de estudos. Máis tarde realizou reportaxes sobre tradicións en diferentes países.
En 2005 conseguiu entrar a formar parte da axencia de fotoxornalismo Magnum Photos, sendo a primeira e única persoa española en conseguilo.[1]
O 18 de febreiro de 2013, en Sesión Plenaria Extraordinaria celebrada pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi elixida como Académica de Número para a sección de Novas Artes da Imaxe, ocupando a medalla vacante que posuíra Luis García Berlanga.
No 2019 foi elixida académica de honra da Real Academia Galega de Belas Artes.
Libros publicados[editar | editar a fonte]
- España oculta, Ed. Lunwerg S.L., Barcelona, 1989 ISBN 84-7782-779-6
- Grabarka, o monte das 600 cruces: unha peregrinación ortodoxa en Polonia, Ed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000 ISBN 84-453-2846-8
- Lo Festivo y lo Sagrado, Ed. Consellería de Cultura da Comunidade de Madrid, Madrid, 2001
- Cristina García Rodero, Ed. La Fábrica, Madrid, 2004 ISBN 84-95471-92-2
- A peregrinación a Santiago en Haití, Ed. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004 ISBN 84-453-3832-3
- Benicàssim. El Festival, Ed. ACTAR, Barcelona, 2007 ISBN 978-84-96954-27-4
- Trastempo, Ed. La Fábrica, Madrid, 2010 ISBN 978-84-453-4956-4
- Lalibela, Ed. La Fábrica, Madrid, 2017 ISBN 978-84-17048-19-8
Museo Cristina García Rodero[editar | editar a fonte]
O 12 de setembro de 2018 inaugurouse na súa vila natal o Museo Cristina García Rodero, o primeiro centro adicado a unha fotógrafa.[2] O espazo alberga unha sala permanente con obras da propia artista.
O museo atópase nas instalacións do antigo Museo Municipal e foi financiado polo Concello de Puertollano, a Xunta de Castela-A Mancha e a Deputación de Cidade Real.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cristina García Rodero, primer fotógrafo español miembro de Magnum". El Mundo (en castelán).
- ↑ "El presidente de Castilla La Mancha inaugura el Museo Cristina García Rodero". Fotógrafo Digital (en castelán). 14 de setembro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cristina García Rodero, na páxina web de Magnum Photos (en inglés).