Crema pasteleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unha cunca con crema pasteleira e canela.

A crema pasteleira ou simplemente crema é unha crema elaborada con xemas de ovo, azucre, leite e fariña, e aromatizada con vainilla, canela ou rela de limón, que se emprega para reencher ou decorar tortas e pasteis[1].

É a base de moitas cremas tradicionais como:

Emprégase a miúdo como recheo de pasteis.

Variantes[editar | editar a fonte]

A partir da crema pasteleira pódense elaborar diversas cremas derivadas. Estas son algunhas:

  • Crema pasteleira de sabores: é unha crema pasteleira á que se lle engade, segundo o caso, cacao, esencia de café ou café solúbel, ron ou whisky ou outros licores, esencia de limón ou laranxa etc.
  • Crema cocida lixeira: á crema pasteleira morna engádenselle claras de ovo a punto de neve.
  • Crema Saint-Honoré ou crema Chiboust: é unha mesntura de crema pasteleira e merengue italiano.
  • Crema diplomática: á crema pasteleira engádeselle crema chantillí. É unha variante da anterior.[2]
  • Crema muselina: crema pasteleira con manteiga.
  • Crema frangipane: crema pasteleira mesturada con crema de améndoa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Gastronomía & Cía (24 de abril de 2011). "Crema diplomática" (en español). Consultado o 11 de novembro de 2012.