Saltar ao contido

Couselo (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Couselo
 Nome taxon
    Umbilicus rupestris
James Edgar Dandy 1948 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    U. rupestris (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Basónimo
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeSaxifragales
 FamiliaCrassulaceae
 TriboUmbiliceae
 XéneroUmbilicus
 EspecieUmbilicus rupestris Editar o valor en Wikidata
Dandy, 1948 Umbilicus rupestris Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/033_3m Editar o valor en Wikidata
UNIIX68TXR7V4Y Editar o valor en Wikidata
OTT156576 Editar o valor en Wikidata
CoL7DGHH Editar o valor en Wikidata
EOL2867524 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000415401 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O couselo ou conchelo é unha planta rupícola, denominada cientificamente Umbilicus rupestris (tamén Umbilicus pendulinus), pertencente á familia das crasuláceas Crassulaceae, con flores e perenne. É moi común nos muros de toda Galiza.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Umbilicus rupestris en flor.

As flores en espiga e aspecto de campaíñas desta planta aparecen entre abril e xullo e os froitos madurecen durante o verán. O nome latino de umbilicus, é dicir "embigo" ou "umbigo", alude ao aspecto das follas redondeadas, provistas dunha pequena depresión no centro que lembra un embigo, metáfora que se conserva p. ex., no nome castelán de ombligo de Venus ou no inglés navelwort. Mentres en galego, designacións como couselo, coucelo ou couchelo, remontan ao latín *calicellus, "cáliz pequeno", lembrando a flor, xunto o pequeno rabiño ou pedúnculo que a sostén, unha "copiña". Noutras designacións galegas, porén, o que lembra é un "chapeo": capelo, pucho das paredes.

As flores, como se dixo, teñen aspecto de campaíñas, e nacen ó longo dun cumprido pedúnculo vertical. As flores aparecen unha vez, o individuo alcanza a madurez tras varios anos de desenvolvemento e son de cor verde pálida, que co tempo adquire tons rosados avermellados.

A diferenza doutras plantas, o couselo, xunto con outras especies do xénero das Crasuláceas, realizan a fotosíntese pola noite. Para isto abren os seus estomas (poros presentes nas follas) pola noite. Deste xeito a deshidratación redúcese a cambio de perder eficiencia enerxética. Este proceso metabólico é coñecido coma metabolismo ácido: O CO2 capturado pola noite, degrádase polo día para a súa liberación. Deste xeito o consumo de auga é mínimo.[1]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha planta ben espallada polo sur e oeste de Europa, aínda que a primeira identificación científica foi feita polo naturalista francés Pierre Belon (1517-1564) no Oriente Próximo. Abrangue a Europa mediterránea, Portugal, Irlanda, Gran Bretaña e Bulgaria.

É unha planta que medra ben en fendas de paredes, de tellados, ou de rochas, húmidas e sombreadas. Medra sobre un substrato complicado e con escaseza de auga, grazas a isto evita especies competidoras.

As follas son comestíbeis, pois son tenras e de gosto agradábel. Usouse na composición de xaropes domésticos para doenzas pectorais ou con fins diuréticos.

Os couselos empréganse tamén para curar grans, carafunchos ou úlceras, quitando o pelello da folla para poñelo no gran ou na ferida.

O zume, mesturado con aceite, empregábase contra a dor das queimaduras, segundo o dicionario de Eladio Rodríguez González. Outros etnógrafos (Ben-Cho-Shey ou Rivas Quintas) recollen este mesmo uso terapéutico coas follas fritidas en aceite, envoltas nunha folla de verza e postas a quentar na borralla da lareira; logo, ben quente, colócase sobre as frieiras.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Cotyledon neglecta Cout.
  • Cotyledon ombilicus Lam.
  • Cotyledon pendulina (DC.) Vierh. nom. illeg.
  • Cotyledon rupestris Salisb.
  • Cotyledon tuberosa Halácsy
  • Cotyledon umbilicata Lam.
  • Cotyledon umbilicifolia Stokes
  • Cotyledon umbilicus-veneris L.
  • Cotyliphyllum erectum Link
  • Cotyliphyllum umbilicus Link
  • Umbilicus botryoides Hochst. ex A.Rich.
  • Umbilicus neglectus (Cout.) Rothm. & P.Silva
  • Umbilicus pendulinus DC.
  • Umbilicus simplex K.Koch
  • Umbilicus umbilicatus (Lam.) Breistr.
  • Umbilicus vulgaris Batt. & Trab.[2]

Taxones infraespecíficos aceptados

[editar | editar a fonte]
  • Umbilicus rupestris var. truncatus (W.Dod) Rowley
  • Umbilicus rupestris var. velenovskyi (Rohl) Rowley[2]

Nome vulgar

[editar | editar a fonte]

Tamén é coñecida en galego por outros nomes vulgares: coucelo, orella de frade, conchelo, cunchelo, couchelo, capelo ou pucho das paredes[3].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "El sensual ombligo de Venus". Revista Quercus caderno 333, novembro de 2013 (en castelán)
  2. 1 2 Umbilicus rupestris en The Plant List
  3. 'Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004; Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009; Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña, RAG, 2012