Coragyps atratus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coragyps atratus
Coragyps atratus brasiliensis en Panamá.
Coragyps atratus brasiliensis en Panamá.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Cathartidae
Xénero: Coragyps
Saint-Hilaire, 1853
Especie: C. atratus
(Bechstein, 1793)
Mapa da distribución da especie.

Mapa da distribución da especie.
Subespecies
Sinonimia

Cathartidarum Winge, 1888

O Coragyps atratus é a única especie do xénero Coragyps. É unha ave accipitriforme, aínda que algunhas clasificacións inclúeno na orde ciconiformes,[1] e un dos máis abondosos membros da familia dos voitres do Novo Mundo (Cathartidae). Esténdese dende o sur dos Estados Unidos até o sur de América.

Malia a súa aparencia e nomes similares, esta especie non ten relación co voitre negro eurasiático (Aegypius monachus). Esta última especie pertence á subfamilia dos voitres do Vello Mundo (Aegypiinae), que é á súa vez parte da familia Accipitridae (a cal inclúe ás aguias, falcóns, miñatos e gabiáns), mentres que a especie americana é parte da familia dos voitres do Novo Mundo (Cathartidae). Habita áreas relativamente abertas como bosques illados e terras con matogueiras. Ten unha envergadura de ás de 1,67 m, e unha plumaxe negra, pescozo e cabeza grises e sen plumas, e un peteiro curto e en forma de gancho.

É un preeiro, pero tamén se alimenta de ovos e animais recentemente nados. Nos lugares poboados polo home aliméntase ademais en vertedoiros. Atopa o seu alimento usando a súa aguda vista ou seguindo a outros voitres que posúen o sentido do olfacto. Ó faltarlle a sirinxe, o órgano vocal das aves, os únicos sons que pode producir son gruñidos ou siseos de frecuencia baixa. Pon os seus ovos en covas, árbores ocas, ou simplemente no chan. Xeralmente ten 2 crías ó ano, que alimenta mediante a regurxitación. Nos Estados Unidos, o voitre recibe protección legal polo Migratory Bird Treaty Act. Este voitre apareceu ademais nalgúns códices maias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]