Regurxitación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un exemplar de Sarcophagidae, eliminando líquido.
Egagrópila de gaivota con cascas de crustáceos e cunchas de moluscos.
Diagrama do estómago, onde se pode ver a ssituación do cardia.

En fisioloxía animal, a regurxitación (do latín científico regurgitare, de re-, "atrás", e o latín eclesiástico gurgitare, "fartar", e este do latín gurges, -itis, "gorxa") refírese ao fenómeno da volta á boca do contido do estómago ou do esófago,[1][2] usualmente caracterizado pola presenza de alimentos non dixeridos ou sangue.[3]

Moitas aves regurxitan o alimento para as súas crías, e tamén algúns mamíferos, como os lobos e os raposos.[4] Certos insectos, como os dípteros da familia dos sarcofáxidos, regurxitan auga para aumentar a concentración do alimento sólido inxerido.[5]

Así mesmo, algunhas aves carnívoras regurxitan habitualmente a parte non dixeríbel das súas presas, formando unhas bólas con ósos, pel ou pelos denominadas egagrópilas.[6]

En medicina, a regurxitación é un síntoma (distinto do vómito) que se observa con frecuencia nos bebés antes dos 4 meses (debido á inmadureza do seu aparello dixestivo, que pecha o esfínter esofáxico inferior (a válvula entre o esófago e o estómago), resultante dun aumento na presión abdominal en relación coa presión do peito.[7] Nos adultos é un fenómeno anormal, é menos frecuente, que se denomina refluxo gastroesofáxico.[8]

Unha maneira de evitar a regurxitación é equilibrar a presión entre as partes abdominais e as torácicas. A forma máis sinxela de facelo é practicar un eructo voluntariamente. É tamén por esta razón pola que se fai eructar aos bebés. Posibelmemnte os adultos tamén teñeen que facelo, especialmente aqueles que sofren de hernia de hiato.

Nos adultos o refluxo gastroesofáxico, consistestente no regreso sen esforzo do contido alimentario a través do esófago até a orofarinxe, é consecuencia, entre as causas máis frecuentes, dunha enfermidade ácido-péptica, da acalasia (obstrución d esfínter gastroesofáxico por hipertrofia muscular deste), ou da incompetencia deste esfínter, que pode incluír ou non hernia hiatal, divertículo esofáxico de Zenker e obesidade extrema (por aumento da presión intrabdominal).

En nenos ou en perosas adultas con atraso mental pódese presentar este fenómeno, que adoita chamarse daquela trastorno de rumiación, que é un trastorno da alimentación do inicio da infancia e a nenez.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. regurxitación Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  2. regurxitar Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  3. Nelson, Richard W. & C. Guillermo (2009): Small Animal Internal Medicine, 4ª ed. St. Louis, Missouri, USA: Mosby Elsevier. ISBN 0-323-04881-1. Resumo.
  4. Keeling, Linda K. & Gonyou, Harold W. (2001): Social &behaviour in farm animals. Boston. MA, USA: CABI Publishing. ISBN 0-85199-717-1, páxina 69.
  5. Loon, Rael & Loon, Hélène (2005): Birds. The inside story. Bird Biology and Behaviour in Southern Africa. Cape Town, South Africa: Struik Publishers. ISBN 1-77007-151-2, páxina 183. Amplo resumo Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine..
  6. Bernis Carro, C.; Moreno, A. e Bernis Madrazo, F. (1983): El gran libro de las aves. Barcelona: Editorial Marín. ISBN 84-7102-920-0, páxina 42.
  7. Infant reflux Clínica Mayo.
  8. Gastroesophageal reflux disease (GERD), Clínica mayo.
  9. Rumination syndrome, Clínica Mayo.