Copa de Hixía
A copa de Hixía é un dos símbolos máis coñecidos internacionalmente da profesión farmacéutica. Hixía era a deusa grega da sanidade. Trátase dunha serpe enroscada nunha copa ou cáliz.
Simboloxía
[editar | editar a fonte]Tanto a serpe como o cáliz son símbolos que representan a natureza feminina e fan alusión á "farmacéutica" aplicada por curandeiras e xamáns a base de herbas. A serpe asociábase na mitoloxía á muller pola súa natureza cíclica e á medicina pola súa capacidade de "resucitar" ao cambiar de pel. O cáliz é un símbolo feminino pola súa calidade de contedor (da vida) e á súa vez a farmacéutica por ser contedora (da medicina).
A copa de Hixía utilizouse como un símbolo da farmacia profesional polo menos desde 1796, cando se usou nunha medalla (jeton francés) acuñada pola sociedade parisiense de Farmacia.[1] Desde entón foi adoptada por moitas asociacións farmacéuticas de todo o mundo, tales como a Asociación Americana de Farmacéuticos, a Asociación Canadense de Farmacéuticos, a Sociedade Farmacéutica de Australia, a Sociedade Farmacéutica de Paquistán e a Federación Internacional Farmacéutica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of the Bowl of Hygeia award". Consultado o 16 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Copa de Hixía |