Caxato de Asclepio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Asclépio (grego) ou Esculápio (romano). O Deus que naceu mortal e representa a medicina.

O caxato, bordón ou bastón de Esculapio ou Asclepio é un símbolo antigo, relacionado coa astroloxía e coa cura dos doentes a través da medicina. Consiste dun caxato envolvido por unha serpente. Esculapio (en latín: Aesculapius) era o deus romano da medicina e da cura. Foi herdado directamente da mitoloxía grega, na cal tiña as mesmas propiedades mais un nome sutilmente diferente: Asclepio (en grego: Ἀσκληπιός, transl. Asklēpiós).

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

De acordo coa mitoloxía grega, Esculapio aprendéralle a arte da cura Quíron. El é normalmente representado coma un cirurxián na embarcación Argo, construída coa axuda da deusa Atenea. Esculapio era tan habilidoso nas artes médicas que gañou a reputación de ter traído pacientes de volta do mundo dos mortos. En virtude disto, foi punido e colocado nos ceos coma a constelación Ofiúco (significando: "o portador da serpente", ou "O Serpentario"). Tal constelación fica entre Saxitario e Libra.[1]

Caxato de Asclepio ou Esculapio, o símbolo da medicina. Debe estar disposto conforme a figura, unha serpente con dúas curvaturas á esquerda e unha á dereita. O seu uso está aplicado correctamente na bandeira da OMS - Organización Mundial de Saúde, entre tanto o caxato debe ser en madeira rústica.

En varias esculturas procedentes de templos de Asclepio greco-romanos, o deus da medicina é sempre representado suxeitando un caxato cunha serpente envolta, o cal se tornou o símbolo da medicina.

O emblema[editar | editar a fonte]

A Organización Mundial de Saúde - OMS -, fundada en 1948, adoptou o símbolo de Asclepio. A Asociación Médica Mundial, reunida na Habana en 1956, adoptou un modelo padronizado do símbolo de Asclepio para uso dos médicos civís. O emblema adoptado pola Asociación Médica Mundial para uso dos médicos civís é unha serpente con dúas curvaturas á esquerda e unha á dereita. As organizacións médicas de carácter profesional e de ámbito nacional de varios países, que posúen emblema con serpente de Asclepio, son as do Brasil, o Canadá, Costa Rica, Inglaterra, Francia, Alemaña, Suecia, Dinamarca, Italia, Portugal, África do Sur, Australia, Nova Zelandia, países do sur leste asiático, a China e Taiwán.[2]

Caxato de Hermes e de Asclepio[editar | editar a fonte]

O caxato de Asclepio (o idealizado como símbolo da medicina) é unha serpente dando dúas voltas e media en torno do caxato de madeira. En troques, equivocamente a Mariña dos Estados Unidos adopta o símbolo de Hermes ao seu corpo médico e hai unha certa diverxencia acerca da utilización dos caxatos. O caxato de Hermes, que na verdade ten a representación da Contabilidade[3], é descrito coma un caxato de ferro, con dúas serpentes e ao final anexado un par de á. O símbolo médico non debe ser representado con ás.[2]

Derivacións[editar | editar a fonte]

Todo símbolo pode ser estilizado, porén non pode ser substituído por outro. Como estilizacións orixinais do símbolo de Asclepio podemos citar os seguintes símbolos e as alteracións utilizadas en territorio brasileiro.

  • Associação Paulista de Medicina e o da Academia Brasileira de Medicina Militar, en que o caxato toma a configuración dunha espada;
  • Escola Paulista de Medicina, en que o caxato é o propio tronco dunha árbore;
  • Associação Brasileira de Educação Médica, en que o caxato é un facho, simbolizando a luz do saber;
  • Facultade de Medicina de Ribeirão Preto, en que a serpente asume o formato dun nó cirúrxico.

Orixes[editar | editar a fonte]

Existen diversas orixes canto ao desenvolvemento da simboloxía relacionada co caxato de Esculapio, certamente todas contribuíran para a composición do seu significado. O símbolo recibe o nome dunha antiga lenda grega.

Orixe bíblica[editar | editar a fonte]

Hai referencias bíblicas ao caxato de Esculapio. "E dixo o Deus a Moisés: Fai unha serpente ardente, e pona sobre un caxato; e será que vivirá todo aquel que tendo sido picado pola serpente, ollase a ela." [4] A pasaxe é unha referencia sen constitución datada historicamente, a pesar das investigacións arqueolóxicas que buscan datar na biblia eventos ocorridos realmente.

Orixe exipcia[editar | editar a fonte]

No intercambio da civilización grega coa exipcia, o deus Thoth da mitoloxía exipcia foi asimilado a Hermes e, deste sincretismo, resultou a denominación de Hermes exipcio ou Hermes Trismegistos (tres veces grande), dada ao deus Thoth, considerado o deus do coñecemento, da palabra e da maxia.[17] No panteón exipcio, o deus da medicina correspondente a Asclepio é Imhotep e non Thot.[5]

Orixe sincrética[editar | editar a fonte]

Entre o século III a.C. e o século III d.C. desenvolveu se unha literatura esotérica chamada hermética, en alusión a Hermes Trismegistos. Esta literatura versa sobre ciencias ocultas, astroloxía e alquimia, e non ten ningunha relación con o Hermes tradicional da mitoloxía grega. O sincretismo entre Hermes da mitoloxía grega con Hermes Trismegistus resultou no emprego do caxato como símbolo deste último, tendo sido adoptado como símbolo da alquimia. Segundo Schouten, da alquimia o caxato tería pasado para a farmacia e desta para a medicina.[6]

Caxato de Hermes. Non é símbolo da Medicina, mais si da Contabilidade.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [BERNADETTE, Brady. Brady's Book of Fixed Stars. Weiser Books, 1999, ISBN=1-57863-105-X.]
  2. 2,0 2,1 "Joffre M. de Rezende, Prof. Emérito da Facultade de Medicina da Universidade Federal de Goiás". Arquivado dende o orixinal o 14/04/2010. Consultado o 26/07/2010. 
  3. "Sitio oficial da empresa Borkenhagen Soluções Contábeis Ltda". Arquivado dende o orixinal o 29/03/2010. Consultado o 26/07/2010. 
  4. [Biblia Sagrada. Libro de Números, capítulo 21, versículo 8.]
  5. [MAJOR RA. A History of medicine. Springfield, Charles C. Thomas, 1954.]
  6. [SCHOUTEN J. The rod and serpent of Asklepios. Symbol of medicine. Amsterdam, Elsevier Publ. Co., 1967.]
  7. Cadro comparativo entre o bastón de Esculapio e o caduceo de Hermes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CASTIGLIONI, A. Histoire de la médecine (trad.) París, Payot, 1931.
  • MAJOR RA. A History of medicine. Springfield, Charles C. Thomas, 1954.
  • KERÉNYI C. Asklepios. Archetypal image of the physician’s existence. Londres, Thames and Hudson, 1960
  • EDELSTEIN EJ, EDELSTEIN L. Asclepius. Collection and interpretation of testimonies. Baltimore, The Johns Hopkins Univ. Press, 1993.
  • FONS JW Jr. The serpent as a medical emblem. Marquette Med. Rev. 26:13-15, 1960.
  • LAWRENCE C. The healing serpent. The snake in medical iconography. Ulster Med. J. 47:134-140, 1978.
  • WILLIAMS NW. Serpents, staffs, and the emblems of medicine. JAMA 281:475-6, 1999.
  • BRANDÃO JS. Mitologia grega, vol. 2, 2.ed. Petrópolis, Ed. Vozes, 1988.
  • CHEVALIER J, GHEERBRANT, A. Dicionário de símbolos, 2.ed. (trad.). Rio de Janeiro, José Olympio Ed., 1989.
  • ENCYCLOPAEDIA BRITTANNICA. Chicago, 1961
  • HAMILTON E. A mitologia, 3.ed. (trad.). Publ. D. Quixote, Lisboa, 1983.
  • HAUBRICH WS. Medical Meanings. A glossary of word origins. Philadelphia, Am. Col. Phys., 1997
  • FRIEDLANDER WJ. The golden wand of medicine. Westport, Greenwood Press, 1992
  • METZER WS. The caduceus and the Aesculapian staff: ancient eastern origins, evolution and western parallels. Southern Med. J. 82:743-748, 1989.
  • MUñOZ P. Origins of caduceus. Maryland State Med. J. Oct. 1981, p. 35-40.
  • ERNOUT, A. & MEILLET, A.: Dictionnaire étymologique de la langue latine. Histoire des mots, 4.ed. París, Ed. Klincksieck, 1979.
  • FOWDEN, G. The Egyptian Hermes. New Jersey, Princeton University Press, 1993.
  • SCHOUTEN J. The rod and serpent of Asklepios. Symbol of medicine. Amsterdam, Elsevier Publ. Co., 1967.
  • McCULLOCH, CC. Jr. – The coat of arms of the medical corps. Military Surg. 41:137-148, 1917.
  • GARRISON FH. The babylonian caduceus. Mil. Surg. 44:633-636, 1919.
  • TYSON, SL. The caduceus. Sc. Monthly 34:492-498, 1932.
  • GEELHOED GW. The caduceus as a medical emblem. Heritage or heresy? Southern Med. J. 81:1155-1161, 1988.
  • NICHOLS, D. – Iatros, vol. 10, n. 10, 1996
  • COLLINS, SG.- Comments on the book The golden wand of medicine, march 18, 1999 (22)
  • LÁZARO DA SILVA, A. – Símbolo da medicina. Bol. Inf. C..C.. 43-45, abril/junho 1999.