Copa da WSE
| Tipo | competición deportiva |
|---|---|
| Deporte | hóckey a patíns |
| Organizador | CERH |
| Localización e Datas | |
| Vixencia | 1980 – |
| Calendario da tempada | outubro – xuño |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Competición | |
| Primeiro posto | Igualada HC (2º) (2025) |
A Copa da WSE (ata 2018 denominada Copa CERS)[1] é a segunda competición en importancia no hóckey a patíns europeo. Creada en 1980, funcionou como a terceira competición europea ata a remodelación das competicións no ano 1997, cando se fusionaron a Copa de Europa e a Recopa, pasando a ser dende entón a Copa CERS a segunda competición europea en importancia. Está organizada pola CERH (Comité Européen de Rink-Hockey), o máximo organismo do hóckey patíns europeo, con sede central en Lisboa (Portugal). A partir da tempada 2007-08 introduciuse o sistema de final a catro, máis coñecido como final-four.
Formato
[editar | editar a fonte]Nunha fase inicial son inscritos o vencedor da Copa CERS do ano anterior (excepto se este se clasifica para a Copa de Europa) e tres clubs por país (os 3º, 4º e 5º no campionato nacional - ou mesmo o 6º clasificado, no caso de que un dos cinco primeiros sexa o vencedor da Copa, o que lle dá unha praza na Liga dos Campións). Se houbera máis de 12 clubs inscritos, deverá realizarse unha fase previa; logo, aos 12 restantes únenselles catro dos clubs afastados na fase previa da Liga de Campións (aqueles que estiveran mellor situados na clasificación da CERH), constituíndo o grupo de 16 que xogará os oitavos de final.
O campión do título e os tres clubs con mellor clasificación na clasificación son cabezas de serie no sorteo, que é condicionado de modo que dous equipos do mesmo país non poidan xogar un contra o outro. A partir dos quartos de final o sorteo é puro, sen condicionantes de ningún tipo. Todas as eliminatorias, incluíndo a final, son xogadas a dúas voltas.
Historial
[editar | editar a fonte]En letra grosa os resultados do equipo campión.
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Equipo | Campionatos gañados |
|---|---|
| 3 (1981-82, 1998-99, 2009-10) | |
| 3 (1984-85, 1991-92, 1992-93) | |
| 3 (1994-95, 2015-16, 2016-17) | |
| 3 (2017-18, 2018-19, 2020-21) | |
| 2 (1982-83, 1987-88) | |
| 2 (1990-91, 2010-11) | |
| 2 (1993-94, 1995-96) | |
| 2 (2002-03, 2003-04) | |
| 2 (1997-98, 2013-14) | |
| 2 (1983-84, 2014-15) | |
| 2 (2001-02, 2022-23) | |
| 1 (1980-81) | |
| 1 (1985-86) | |
| 1 (1986-87) | |
| 1 (1988-89) | |
| 1 (1989-90) | |
| 1 (1996-97) | |
| 1 (1999-00) | |
| 1 (2000-01) | |
| 1 (2004-05) | |
| 1 (2005-06) | |
| 1 (2006-07) | |
| 1 (2007-08) | |
| 1 (2008-09) | |
| 1 (2011-12) | |
| 1 (2012-13) | |
| 1 (2021-22) | |
| Total | 42 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Taça CERS passa a designar-se WS Europe Cup". zerozero.pt (en portugués). 27 de agosto de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
