Conversa usuario:Zuntig

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Zuntig!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 20 de febreiro de 2021 ás 03:58 (UTC)[responder]

Ola, Zuntig; Glosbe.com non é unha referencia válida para un exónimo en lingua galega. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 25 de abril de 2021 ás 17:22 (UTC)[responder]

Edicións non construtivas[editar a fonte]

Por favor, deixa de facer edicións non construtivas na Wikipedia, como fixeches en "Trujui". Semella que as túas edicións poden constituír vandalismo e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas. --RubenWGA (conversa) 30 de abril de 2021 ás 16:39 (UTC)[responder]

Vandalismo[editar a fonte]

Por favor, deteña as súas edicións destrutivas. Se continúa a vandalizar a Wikipedia, como fixo en "Luján", pode ser bloqueado/a. --RubenWGA (conversa) 30 de abril de 2021 ás 17:04 (UTC)[responder]

Ola, @Zuntig. Todo apunta a que estás a utilizar outra conta para seguir vandalizando na Galipedia debido aos bloqueo globais nas contas Zuntig fiber e Judiosefardi (o cal está totalmente prohíbido e pode levar a bloqueo de IP), ademais as túas edicións vandálicas son moi semellantes ás de diversas IPs que non cansan de vandalizar mesmo tras múltiples bloqueos. Curiosamente seguen o mesmo patrón de vandalismo, co tema de cambiar "j", "g" por "x" ou viceversa, escribindo improperios, movendo artigos incorrectamente e "montando un Cristo" nos mesmos artigos cada vez que "contribúen" no noso wiki. Pregaríache que ceses na tentativa de "colar" este tipo de edicións, especialmente se non desexas que se teña que reportar e pedir un novo bloqueo global, e de IP. Sempre se presume boa fe, especialmente cos usuarios novos, pero isto xa leva moito tempo pasando contigo e chega a un límite.
Aconsélloche volver ler a mensaxe de benvida, as políticas da Galipedia e preguntar toda dúbida antes de editares desta forma, aínda que isto xa se che dixo en cincocentas ocasións e é por iso que teimo que sigas ignorando as advertencias e continúes a vandalizar, lamentablemente. Por favor, reflexiona e valora o traballo dos demais wikipedistas; deixa de destruír contido nin na Galipedia nin en ningún outro wiki, seica non é un pouco aburrido e inútil? Moitas grazas, un saúdo --RubenWGA (conversa) 30 de abril de 2021 ás 17:19 (UTC)[responder]

Ola, Zuntig, boa noite. Pasei a tarde mirando as túas edicións dos últimos meses, e as edicións das contas precedentes Zuntig fiber e Judeosefardi, así como as edicións de distintas IPs anónimas. Creo que teño datos suficientes como para pensar que estás controlando todas ou boa parte desas contas. Conforme as normas da Wikipedia, iso non é correcto (e imaxino que entendes por que non debemos usar varios usuarios para as mesmas cousas). Ademais, se fuches bloqueado como usuario de maneira definitiva cunha conta, é precisamente para que non crees outro usuario e sigas a facer o mesmo. Polo tanto, voute bloquear nesta wikipedia.

Pode, de todos os xeitos, que estea completamente trabucado. Se é así, por favor, contáctame e explícame. Encantado estarei de trabucarme. Se tes calquera dúbida, aquí estou para axudar e botar unha man. Tamén che podo explicar sobre o futuro e como podes facer. Un saudiño, e grazas por todas as edicións válidas que fixeches. --Xabier Cid Talk 2 me, please 9 de maio de 2021 ás 20:43 (UTC)[responder]

Desbloquear para seguir editando e deixar de facer edicións non construtivas. É inaxeitado bloquear por 6 meses. Zuntig (conversa) 10 de maio de 2021 ás 18:24 (UTC)[responder]

Patricio Rey y sus Redonditos de Ricota[editar a fonte]

Boas, o artigo Patricio Rey y sus Redonditos de Ricota, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 11 de outubro de 2021 ás 17:20 (UTC)[responder]

Indio Solari[editar a fonte]

Boas, o artigo Indio Solari, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 13 de outubro de 2021 ás 02:32 (UTC)[responder]