Conversa usuario:Valencian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Valencian!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 00:48, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Respecto[editar a fonte]

País Valenciano está ben. Non o cambies. E o mesmo che digo para catalán. A axuda é benvida, o cambio por motivos persoais, non. --Atobar (conversa comigo) 00:48, 10 de novembro de 2010 (UTC)

Sobre los artículos de Ausiàs March y Josep Bernat i Baldoví, están categorizados dentro de Categoría:Escritores en lingua catalá. Nosotros no estramos a discutir si la literatura en lengua inglesa escrita en Australia es literatura inglesa o australiana, como no nos interesa si los poemas que escribió Lorca en gallego son literatura gallega o andaluza. Mira cómo están categorizados Emilia Pardo Bazán o Ramón María del Valle-Inclán y te darás cuenta de que el criterio que seguimos es el de referirnos a la lengua en la que se expresaba el escritor, no el de poner adjetivos a la literatura que hizo. Un saludo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:22, 10 de novembro de 2010 (UTC)

  • Valencian, aquí temos por costume respectar o criterio do primeiro editor, e isto quere dicir que se alguén puxo País Valenciano, quedará País Valenciano, e se puxo Comunidade Valenciana (esta si ten connotacións políticas!), quedará Comunidade Valenciana. Así de simple. Canto á literatura catalá, esta é a escrita en lingua catalá. Canto ao de se o valenciano é ou non catalán, o marcado groso dos lingüistas non o discute: claro que é catalán. Pódelo comprobrar en calquera libro serio (pero ollo: de filoloxía, non de política) Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:33, 10 de novembro de 2010 (UTC)
O mesmo: Comunidade valenciana ou País valenciano son formas válidas. Comunidad marrana, región gallego-portuguesa e outras invencións non o serían. Se queres escribir en valenciano, sen problema ningún. Anímote a que sigas editando, preferibelmente en base a engadir contidos e novos artigos que a corrixir o que está ben. E un apuntamento persoal: poucos proxectos wiki son tan respectuosos e abertos como esta wiki en galego, e iso conta especialmente para as minorías. Pódelo comprobar. --Atobar (conversa comigo) 15:15, 10 de novembro de 2010 (UTC)