Josep Bernat i Baldoví

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josep Bernat i Baldoví
Bust de Bernat i Baldoví.jpg
Nacemento19 de marzo de 1809
 Sueca
Falecemento31 de decembro de 1864
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Valencia
Ocupaciónescritor, poeta e político
editar datos en Wikidata ]

Josep Bernat i Baldoví, nado en Sueca o 19 de marzo de 1809 e finado o 1 de xaneiro de 1864, foi un escritor e poeta valenciano, célebre fundamentalmente polos seus sainetes. A súa obra máis coñecida é o sainete satírico-erótico El virgo de Vicenteta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas Escolas Pías e cursou Dereito na Universidade de Valencia. Aos 24 anos tivo un primeiro acceso de xordeira, enfermidade que o acompañou ata a morte e lle valeu o alcume de "Lo Sord" (O Xordo). No 1844 foi elixido deputado das Cortes Valencianas para Sueca e máis tarde, alcalde. Viviu algúns anos en Madrid, onde colaborou en periódicos humorísticos; unha parte desta produción en castelán foi recollida en El Sueco (1859). En catalán colleitou unha literatura sen pretensións cultas, satírica e marcadamente dialectal na linguaxe, que obtivo unha grande audiencia. Con José M. Bonilla e Pasqual Pérez i Rodríguez redactou os semanarios La Donsaina (1844), El Tabalet e El Sueco (1847).

Foi autor dos primeiros libros de falla (1855) e é considerado o iniciador do teatro popular valenciano, con obras como El gafaüt, Qui tinga cucs, que pele fulla, El virgo de Vicenteta, Pataques i caragols, La tertúlia de Colau, L'agüelo Pollastre etc. En castelán escribiu o drama Los pastores de Belén. Deixou escritos tamén algúns milagres para as representacións tradicionais da festa de San Vicente Ferrer: El mocador e La Fealdat i L’Hermosura. Os seus escritos reflicten o problema económico do agro valenciano durante a primeira metade do século XIX e transpiran un escepticismo irónico polo que respecta ás institucións constitucionais e administrativas da época

Obras[editar | editar a fonte]

  • L'agüelo Pollastre
  • Batiste Moscatell o la Mona de Pasqua
  • Col·lecció de quadres
  • Un ensaio fet en regla o Qui no té la vespra, no té la festa
  • Un fandanguet en Paiporta
  • El Gafaüt
  • Jeroni i Bartoleta o la viuda i l'escolà
  • La lletjor i la bellesa, miracle
  • El mocador, miracle
  • El Virgo de Vicenteta i l'alcalde de Favara o El parlar bé no costa un patxo
  • Pasqualo i Vicenteta o El tribunal de Favara
  • Qui tinga cucs, que pele fulla o Obedecer al que manda
  • El Rei moro de Granada
  • La tertúlia de Colau, o Pataques i caragols
  • Vicenteta la de Patraix

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]