Saltar ao contido

Conversa usuario:Souto Varela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Souto Varela!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Referencias en contribucións recentes

[editar a fonte]

Ola, Souto Varela. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de maio de 2021 ás 13:21 (UTC)Responder

Manzaneda / Maceda de Trives

[editar a fonte]

Boas Souto Varela, desfixen os teus cambios no artigo do concello de Manzaneda. O topónimo oficial é Manzaneda para ben e para mal. Non podemos cambialo a Maceda de Trives até que o cambio non sexa oficial, no caso de que algunha vez se produza. Non o cambies a Maceda de Trives, a referencia que achegas non valida o cambio. O dato está recollido no apartado de Toponimia. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 30 de maio de 2022 ás 16:04 (UTC)Responder

Lenda da puñalada polas costas

[editar a fonte]

Ola, @Souto Varela. Bótalle unha ollada, por favor, ás ligazóns da parte superior da páxina sobre os formatos de edición pois, na Galipedia, non hai os mesmos epígrafes ca na portuguesa. Igualmente, debes das recoñecemento ao traducir un artigo. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 1 de novembro de 2023 ás 19:39 (UTC)Responder

Bibliografía

[editar a fonte]

Ola, Souto Varela. Por favor, se ao engadir información citas obras, lembra engadilas na sección de bibliografía (Wikipedia:Citar as fontes. Nos artigo da Madanela, Os Fornos e As Pereiriñas debes indicar respectivamente cales son o libro de Rivas Quintas, Varela Sieiro, Álvarez Maurín e Gonzalo Navaza a que te refires. Doutra banda, no artigo de Portobragán debes incluír algunha fonte que sinale a etimoloxía do topónimo; lembra Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria. Ademais, lembra que na redacción enciclopédica debe evitarse o uso da primeira persoa. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de outubro de 2024 ás 18:36 (UTC)Responder

Arante, Ribadeo

[editar a fonte]

Ola, @Souto Varela. Agradezo que participes na Galipedia máis hai certas normas de estilo que cómpre seguir. No artigo de Arante, Ribadeo, engades algunha referencia (Bascuas...) pero non hai referencia bibliográfica (o título do libro etc). polo que queda incompleto e incorrecto. Como xa che dixo, eses datos son moi importantes para a verificabilidade. Polo tanto, se nun prazo normal non se completan os datos, terei que eliminar os parágrafos que engadiches. Ánimo e un saúdo. MAGHOI (conversa) 27 de outubro de 2024 ás 22:30 (UTC)Responder

Formato

[editar a fonte]

Ola, Souto Varela. Como xa che comentara Maghoi, é importante seguir as normas de estilo. Ao crear un artigo debes enlazalo cos correspondentes noutras linguas, debes darlle o formato axeitado e incluír as categorías oportunas. --Estevo(aei)fálame aquí 1 de marzo de 2026 ás 01:21 (UTC)Responder

Nomenclátor 2026

[editar a fonte]

Para levar a cabo os cambios que implica a actualización do Nomenclátor de Galicia creouse a páxina Wikipedia:Wikiproxecto Nomenclátor 2026. Ten en conta, non obstante, que os cambios non entran en vigor até que apareza o acordo da Xunta publicado no Diario Oficial de Galicia. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de abril de 2026 ás 11:24 (UTC)Responder

Pena Longa

[editar a fonte]

Boa tarde, @Souto Varela !

Estiven vendo que modificaches o artigo Penalonga, Covas, Os Blancos. Moitas grazas! Pero hai un problema. Aínda que no documento da actualización da RAG apareza o cambio de Penalonga a Pena Longa (alén do cambio de parroquia), neste documento, que é o oficial a fin de contas e o que prevalece, aparece aglutinado. Por tanto, gustaríame que moveses o artigo á súa versión aglutinada, xa que esa fonte é máis fiábel.

Por favor, non esquezas modificar os artigos de Commons (se os houber) e Wikidata dos topónimos que modificas, que vin que non o fixeches. Cando metas referencias, por favor, crea unha sección chamada "Notas", porque vin que tampouco a creaches.

Un saúdo, e a seguir!

Manolo da Televinte. Manolo da Televinte (conversa) 12 de abril de 2026 ás 16:17 (UTC)Responder

Listo! Desculpa o erro, fieime da RAG de máis. Un saúdo. Souto Varela (conversa) 12 de abril de 2026 ás 16:30 (UTC)Responder

Estás facendo mal os cambios

[editar a fonte]

Boa noite, @Souto Varela!

Estou comezando a revisar as mudanzas que estiveches facendo nos últimos días na Wikipedia relacionadas coa nova edición do Nomenclátor de 2026. Sinto dicirche que debes cambiar tamén os nomes das páxinas de Wikidata, non só na Wikipedia. Nun navegador web deberías ver á dereita un botón que pon algo como "Elemento de Wikidata". Co que non, non están acabados de facer ningún dos concellos que dis que están acabados de facer. Tamén hai que mover moitas das parroquias destes concellos, e hai que mover tamén, neste caso, as categorías de Wikimedia Commons, se as houber. Calquera dúbida, avisa!

Por outro lado, penso que estaría ben mencionar en cada páxina que ese lugar até 2026 se chamaba doutra maneira, cousa que non estás facendo.

Un saúdo! Manolo da Televinte (conversa) 23 de abril de 2026 ás 21:53 (UTC)Responder

Recordatorio sobre como modificar nomes de lugares e parroquias co novo Nomenclátor

[editar a fonte]

Boa tarde, @Souto Varela:

Antes de nada, agradecer as túas tarefas de revisión. Non obstante, segues facendo o que che dá a gana, sen facer caso do que che din:

  • Primeiro: debes revisar que o nome que moves é o verdadeiro nome oficial. No PDF da RAG de Nomenclátor de 2026 hai varias erratas, cambios que se producen e nin se mencionan (como o de Vilarxuvín a Vilarxubín), etc. Por exemplo, en diferentes partes do arquivo, o lugar do Convento ou O Priorado aparece ás veces con D e outras con T. Ti movíchelo a O Convento ou O Priorato, cando o nome oficial é O Convento ou O Priorado. Os nomes oficiais rigorosos pódelos consultar aquí ou aquí. Recomendaríache que os revisases antes de cambiares nada.
  • Segundo: Debes modificar tamén os nomes das categorías de Wikimedia Commons, non só os de Wikidata. Isto aplícase basicamente só ás parroquias (e concellos). Por exemplo, a parroquia de San Froitoso de Fóra (Santiago de Compostela), segue aparecendo como San Paio. Dentro, tamén hai unha categoría da igrexa de San Frutuoso que debe ser movida a San Froitoso. Cada unha destas subcategorías teñen evidentemente o seu artigo en Wikidata que hai que modificar tamén. Non obstante, lembra que todas estas categorías conteñen imaxes e subcategorías, e cada subcategoría pode conter á súa vez varias imaxes ou subsubcategorías. Antes de mover o nome dunha categoría, hai que editar as páxinas de todas as imaxes e subcategorías para que redirixan ao nome ao cal vas mover. Iso poncho por aí, pero ten coidado, porque non vaia ser que movas unha categoría e quede sen fotos. Por exemplo, antes de mover San Paio, Santiago de Compostela a San Froitoso de Fóra, Santiago de Compostela, debes editar tamén as páxinas de todos os artigos de imaxes e subcategorías que esta conteña. Por exemplo, vas a esta imaxe e dáslle a Edit. E o mesmo coas subcategorías. Do contrario, a categoría queda baleira. Anímaste a facer todo isto? Se non estás seguro 100%, por favor non poñas Feito! Feito!, aínda que xa vin que non o puxeches.
  • Terceiro: Debes mover tamén (e editar o correspondente artigo en Wikidata) o nome de todos os lugares que estean dentro das parroquias que movas. Así, As Casas do Rego, San Paio, Santiago de Compostela debe ser movido a As Casas do Rego, San Froitoso de Fóra, Santiago de Compostela.

Non me dá tempo a revisar con profundidade todos os teus cambios, pero se descubro algo que non estea ben, indicareicho por aquí por esta páxina de conversa.

Un saúdo, e a seguir!

Manolo da Televinte (conversa) 8 de maio de 2026 ás 13:55 (UTC)Responder

Non fun eu quen iniciou o cambio nas parroquias de Santiago, o Feito! Feito! non está engadido neses casos. De momento, estoume centrando nos cambios a nivel lugar. Apunto para corrixir o nome do Convento. Souto Varela (conversa) 8 de maio de 2026 ás 14:23 (UTC)Responder
Ola, @Souto Varela: e @Manolo da Televinte:. En Commons non hai necesidade de ir editando imaxe a imaxe. Coa ferramenta Cat-a-lot, ao renomear unha categoría despois podedes seleccionar as imaxes que se manteñen na categoría vella, e movelas todas á vez á categoría nova. Tedes que activala na sección Preferencias -> Trebellos. Aproveito para recomendar a ferramenta Hot-cat, tamén ben útil tanto en Commons coma na propia Wikipedia. Un saúdo, e mil grazas polo voso traballo actualizando todos os contidos conforme ao Nomenclátor 2026. --Estevo(aei)fálame aquí 8 de maio de 2026 ás 16:26 (UTC)Responder
Moitas grazas @Estevoaei, e @Souto Varela desculpa as molestias! Manolo da Televinte (conversa) 8 de maio de 2026 ás 16:59 (UTC)Responder