Conversa usuario:Sogdiana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Sogdiana, benvida á Galipedia. Revertín todas (ou eu espero que todas) as mudanzas que realizaches sobre os topónimos estranxeiros. As razóns son:

  • Para os topónimos estranxeiros a Galipedia segue un catálogo de topónimos da Universidade de Vigo, que recollía Quirguicistán.
  • A wikipedia non é unha fonte primaria, é dicir, non podemos nós decidir como se debe chamar un país ou unha cidade; ten que haber unha fonte anterior que así o sinale.

Todas as dúbidas que teñas respecto a iso, non teñas medo en consultarmas. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 07:52, 29 agosto 2008 (UTC)

Ola de novo. Coincido en case todo o que expós (discrepo nalgunhas solucións concretas, en todo caso), pero o que che quería dicir non é que che faltase razón, senón que non é o lugar. :) É dicir, a wikipedia non é o sitio para discutir se debe ser Quirguicia ou Quirguistán, senón para falar deste país conforme a denominación que escolleu quen tiña que escollelo. O criterio que se segue na wikipedia é ese despropósito da universidade de Vigo, por certo agora ilocalizable. Se tes algún consello sobre seguir outra fonte, pode ser moi útil porque todas as decisións dese tipo que se toman na wikipedia, se se seguen os cauces correctos, poden revisarse. Pero non podemos crear os topónimos por moito que esteamos de acordo nunha forma consensuada, senón que temos que seguir os que deciden outros. A iso me refería cando che sinalaba que a wikipedia non é unha fonte primaria. :) Podes botarlle un ollo a esta proposta de reforma e á súa páxina de conversa. Un saudiño. :) --Xabier Cid Conversa 06:50, 1 setembro 2008 (UTC)

Ola, Sogdiana, vin que moveches algunhas páxinas. Os movementos que fixeches, como os dos topónimos son bastante delicados, e algúns precisan dunha boa e longa discusión. Vou revertelos, para que poidan ser analizalos con calma, cando menos algún deles. Ten en conta que a wikipedia non é unha fonte primaria, e non é a wikipedia a que pode decidir se se chama munxí ou munxiana, senón outra instancia lingüística que teña poder para facelo.

O mellor camiño nestes casos é que propoñas a mudanza de nome na páxina de conversa do artigo, e que en función do que opine a comunidade, tomemos unha ou outra decisión. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 07:45, 8 setembro 2008 (UTC)

Máis sobre o mesmo[editar a fonte]

Non é exacto, e ás veces é ata incorrecto o que dis. Os xentílicos iraquí, polaco, marroquí, son correctos en galego. A única maneira neste momento de saber se se di xugní ou xugniano é que aparezan recollidas unha, ou outra, nun dicionario da RAG ou no VOLG. Non é o caso.
O que che dixen non é que xungní ou xugniano ou como demonio sexa, non sexan formas correctas. O que che dixen é que antes de mover un artigo con esas consecuencias temos que ter absolut seguridade. E non a hai. Debes abrir unha discusión na conversa e que todos os demais, no seu conxunto, decidamos cal é a medida máis coherente coa wikipedia, e non que decidamos cal nos parece lingüisticamente mellor.
Polo tanto, vou reverter os cambios. E se queres, noutro momento e lugar, discutimos se debe ser unha cousa ou outra. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 07:03, 9 setembro 2008 (UTC)
Non sei por que non lle deron un premio en Asturias, nin por que llo deron a Fernando Alonso. Pero con premio ou sen el hai un xeito e unha orde de facer as cousas. E ti non o estás facendo ben. Propón a mudanza nunha páxina de conversa, achega as túas fontes, e a comunidade decidirá. Moitas grazas. --Xabier Cid Conversa 07:05, 9 setembro 2008 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
Perigo


Image:Nuristanis.gif




Ola Sogdiana, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

Lmbuga Commons - Galipedia 22:44, 12 setembro 2008 (UTC)

Imperio Cuxano[editar a fonte]

Tes este artigo co marcador EnUso dende hai un ano cando en teoría non debe sobrepasar o mes. Pódelo rematar ou quitar o marcador? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:33, 14 agosto 2009 (UTC)