Conversa usuario:Seoane Prado
Benvido(a) á Galipedia, Seoane Prado!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 09:00 (UTC)
Imaxes de Vigo[editar a fonte]
Boas, deixeiche un comentario na túa conta de Commons xa que falta información das imaxes antigas de Vigo que subiches. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 08:15 (UTC)
Boas! contestei xa o que pasa é que non teño moi claro onde hai que contestar, deixei unha mensaxe na túa páxina de covnersa polo momento, saudos. --Seoane Prado (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 12:23 (UTC)
- En Commons está perfecto, xa che respondín. Pero se o prefires podemos falar aquí, o sitio é o de menos, o caso é aclarar o tema :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 16:36 (UTC)
Galicia e Galiza[editar a fonte]
Como sabes, ambas as dúas opcións son correctas. Cómpre polo tanto respectar o criterio do primeiro editor. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de outubro de 2017 ás 15:11 (UTC)
Na web oficial da Xunta non sae o mesmo: https://www.xunta.gal/a-presidencia/saudo-do-presidente , é Xunta de Galicia, Presidente da Xunta de Galicia, agás que agora sexamos portugueses, posto que Galiza somentes é una aceptación dunha variante lusista dentro na RAG pero non é a OFICIAL. Wikipedia non é o sitio para facer política, se algún quere cambiar o termo oficial debe ir ao parlamento galego e facer alí política, cando no DOG saia "Xunta de Galiza" aceptaréi como correcto tal termo. Un saúdo --Seoane Prado (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 16:03 (UTC)
- Revisa as NOMIG, Seoane. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2017 ás 18:17 (UTC)
- E unha vez que confirmes o que din as NOMIG, revisa os criterios oficias da Wikipedia en canto ás variantes duplas: velaquí. Por outra banda, para que ao usuario ao que desexes dirixirte lle apareza o aviso de nova mensaxe, debes escribir na súa páxina de conversa (non na de teu); outramente, é posible que esa persoa non chegue a vela. Calquera outra dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2017 ás 18:25 (UTC)
- Bo día, Seoane Prado. Creo que esta conversa ten varios planos. (1) Por unha banda, si, na actualidade a denominación oficial da institución só é Xunta de Galicia [-icia], igual que oficialmente só cabe falar da Consellería [-ería] de Sanidade. É un criterio político (non lingüístico, onde Galiz ou consellaría son termos correctas para a RAG) que tamén aquí se respecta. Olla que Consellería de tal cousa e Xunta de Galicia son as primeiras opcións, mentres que consellaría e Xunta de Galiza se limitan a servir como redirección. Eu non ía por aí, como podes comprobar se revisas o que digo nas mensaxes previas. (2) Lusismo é empregar *ciumes ou *ciúmes por celos, *acreditar como sinónimo de crer ou *crianza co significado de neno. Galiza ou Galicia (que tamén é a miña opción cotiá, por certo) nada ten que ver con iso. Remitíache ás NOMIG -reformadas en 2003- para que o leses ti mesmo no canto de ter que te fiar do que eu ou calquera outro poida dicir. En todo caso, non me importa nada copiarcho: Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. (3) Cataluña é a única denominación posible en galego para Cataluña. Catalunya é o seu nome en catalán, igual que London é o nome en inglés para a cidade que en galego se chama Londres. Talvez referíaste á oficialidade da toponimia, non sei. De todas formas, que saibas que Galicia e Cataluña teñen como única toponimia oficial a galega e a catalá respectivamente. No País Vasco, até hai poucos anos, tiñan a dupla en castelán e éuscaro, pero agora sumáronse á nosa liga. O que pola contra si mantén a dupla denominación válida en termos de toponimia é o País Valenciano. (4) A modo de síntese, reitéroche o que daba razón de ser a este fío: o criterio a seguir na Wikipedia en galego é respectar a opción do primeiro editor, sexa Galiza ou Galicia, manipulable ou manipulábel, libraría ou librería, dende ou desde, até, ate ou ata. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2017 ás 09:38 (UTC)
- Ola, Seoane. As NOMIG, xunto co VOLG, son os únicos textos con carácter normativo para a lingua galega (Ver lei de normalización lingüística), e nelas figura o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza. Posto que a Wikipedia non é un foro (Ver O que a Wikipedia non é, pecho aquí a miña participación deste fío. Nas provincias galegas, penseo que confundiches Vigo con Lugo. En canto ao termo aparcadoiro, engánaste: en portugués é estacionamento. Aparcadoiro é un bo exemplo de neoloxismo de creación recente non importada dende unha lingua próxima. E máis nada; anímote a que sigas editando; o traballo colectivo na Wikipedia dá moitas satisfaccións. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2017 ás 17:28 (UTC)
- Grazas a ti. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2017 ás 21:41 (UTC)