Conversa usuario:Scaaveiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Scaaveiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 19:17, 4 agosto 2007 (UTC)

Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Mererid Hopwood.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Mererid Hopwood.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


Lmbuga Commons - Galipedia 19:17, 4 agosto 2007 (UTC)

Imaxe borrada[editar a fonte]

A foto anterior foi borrada (Copyvio: (http://www.universeofpoetry.org/) Content © Copyright 2005 UniVerse. --Lmbuga Commons - Galipedia 00:07, 7 agosto 2007 (UTC)

Ola, benvida tardía. Só decirche que a imaxe que subiches carece dos datos necesarios para que se manteña na Galipedia e non sexa borrada. Podes consultar a páxina Wikipedia:Política de uso de imaxes sobre que imaxes son válidas e cales non e usar esta caixa para cubrir os datos necesarios:

Descrición

Pon a descrición

Orixe

Especifica a orixe

Data

Pon a data

Autor

Pon o autor

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

A licenza

Outras versións Outras versións

Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 12:42, 7 setembro 2007 (UTC)

Edición en subpáxina de usuario[editar a fonte]

Boas, vin que editaches nunha das miñas subpáxinas de usuario. Non pasa nada, en particular esa páxina é un exemplo dunha proposta para un formato de artigos, e o que conteña non ten porque ser correcto, non deberías molestarte en cambialo. De todas formas deberías saber que a menos que teñas o permiso dun usuario normalmente non se debe editar nas subpáxinas de usuario doutros usuarios. Nada máis, un saúdo --Banjo tell me 22:21, 1 decembro 2007 (UTC)

Homónimos[editar a fonte]

Ola, para facer unha páxina nova de homónimos tes que poñer o nome do que queres facer homónimos, por exemplo, casa (homónimos), na procura e así xa creas a ligazón e comezas o artigo:

A partir de ahí, comezas o artigo poñendo {{Homónimos}} Despois, porías: Cando falamos de "o que sexa" podémonos referir a: e segues ata que acabas, grabas e listo, espero que te axude polo menos en algo. Saúdos.Alma (fálame eiquí) 21:28, 15 decembro 2007 (UTC)

  • Tamén tes en Wikipedia:Mensaxes predefinidas un apartado específicamente adicado aos homónimos e a máis cousas, que che pode resultar moi útil e non dubides en preguntar todo o que precises, se se che pode axudar, eu encantada. Saúdos e deika outra. Alma (fálame eiquí) 23:23, 15 decembro 2007 (UTC)

Problemas coas imaxes[editar a fonte]

As imaxes que presentan problemas e poderían ser borradas no prazo dunha semana son Imaxe:GALES1.png, Imaxe:GALES2.png e Imaxe:GALES3.png

Ola Scaaveiro, grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con elas.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.

A orixe[editar a fonte]

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza[editar a fonte]

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 800.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia, pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?[editar a fonte]

¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda la página

Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 18:45, 20 decembro 2007 (UTC)

Propuxen esta imaxe para borrar en Modelo:Imaxes para borrar#Imaxe:800px-Flag of Saint David.svg.png.

Quizais non saibas que as imaxes de Commons non hai que subilas á Galipedia, poden ser usadas coma se estivesen subidas á Galipedia, pois en realidade a Galipedia e Commons son un mesmo proxecto. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:01, 20 decembro 2007 (UTC)

  • Non me produces molestia ningunha. Iso si, agradézoche que me respondas... por saber, de cando en vez, que o que fago serve de algo. Conta comigo cando desexes--Lmbuga Commons - Galipedia 01:01, 22 decembro 2007 (UTC)