Conversa usuario:SHs

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, SHs!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.Banjo tell me 11:37, 27 abril 2009 (UTC)

  • Tes a autoría desta imaxe?[1] Cómpre que completes os campos necesarios sobre a licenza. Se non tes a autoría, hai que borrar a imaxe. --Atobar (conversa comigo) 09:06, 26 de abril de 2011 (UTC)
Deille o aviso a un usuario que controla moito máis ca min sobre licenzas de imaxe. A ver se che pode axudar el. Hache contactar. A cousa das autorías e as licenzas, sobre todo se se procede con rigor e baixo a lexislación española (restritiva ao máximo), é un encerelle do demo. Un saúdo e dálle duro á edición na Galipedia, xa vas ver que é un proxecto de utilidade real e fundamental para mantermos o de noso -lingua e cultura-. --Atobar (conversa comigo) 14:57, 26 de abril de 2011 (UTC)
Tratei de aquelarlle o que comentas cunha nota a pé de páxina. Podes ver a modificación aquí. Outra cousa: para asinares, faise premendo no botón cuarto comezando de esquerda a dereita, xusto enriba do cadro de escrita, o que ten o feitío dun lapiseiro e un pequeno garabato. É premelo e xa queda a túa sinatura colocada automáticamente cando escribes na páxina de conversa doutro usuario. --Atobar (conversa comigo) 15:15, 26 de abril de 2011 (UTC)

Ola Xosé Manuel, gracias polas túas achegas á Wikipedia.

Púxenlle á fotografía que subiches (Ficheiro:Lois Pereiro.jpg) unha caixa de información para imaxes. Compre que revises que tódolos datos sexan correctos e que completes a información. É moi importante que engadas o nome ou o pseudónimo do fotógrafo, por exemplo, no caso de que o fotografo sexas ti deste xeito:

|Author= Xosé Manuel Pereiro.

ou

|Author= Usuario:SHs


Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 20:24, 26 de abril de 2011 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons[editar a fonte]

Imaxe borrada
Esta imaxe foi borrada por estar xa presente en Commons.
Ficheiro:Lois Pereiro.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Ficheiro:Lois Pereiro.jpg, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:File:Lois_Pereiro.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Ficheiro:Lois Pereiro.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .

Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo

--Furado 16:36, 28 de abril de 2011 (UTC)


Non, non entendiches. Non te asustes. O que fixo Furado foi coller a imaxe que subiches ti á Galipedia e subila a Wikimedia Commons. Wikimedia Commons e outro proxecto irmán e paralelo as Wikipedias consistente en un almacén de contidos multimedia. Que non te confunda a presenza da palabra "Commons", non nos estamos a referir a ningún tipo de licenza, estamos falando doutra cousa distinta. Tódolos contidos que están en Wikimedia Commons poden empregarse directamente en calquera outra wiki. Deste xeito o que se consegue é que a fotografía poda empregarse nos posibles artigos en francés, inglés, chino ou o que sexa. Esta estipulado que cando se faga iso hai que avisar ó usuario primeiro se subiu a imaxe, ti. E a "plantilla" di que a imaxe borrouse da Galipedia por xa estar en Wikimedia Commons, pero non é certo, a realidade é que non se borrou da Galipedia, está nos dous sitios. Comprendes?

En canto a actividade ou non de Furado. Foi máis activo no pasado na Galipedia, recentemente máis na wiki en castelán, de todas cando hai xuntanzas acude e, cando se lle, pide colabora co que sexa, con que non lle fagas moito caso o aviso da páxina, que non está moi actualizado--. HombreDHojalata.conversa 20:27, 28 de abril de 2011 (UTC)

Ben me vale. Grazas aos dous!--SHs 21:03, 28 de abril de 2011 (UTC)

Hola SHs. Parece que hubo un mal entendido con este mensaje. Aunque ya veo que te lo explicó HombreDHojalata, solo quería comentarte que en realidad lo único que hice fue pasar el archivo que estaba en la Wikipedia en gallego y subirlo a Wikimedia Commons ya que de lo contrario estaba disponible solo para la Galipedia y yo quería utilizarla en la Wikipedia en español (puedes verla aquí, en la traducción que hice del artículo sobre Pereiro al castellano) y para que pudieran utilizarla también en la traducción que la amiga Elvire está haciendo para la Wikipedia en francés (ver aquí), o en otras wikipedias y, por supuesto, sí que está en dominio público, simplemente ahora está, por decirlo de alguna manera, en un "nivel superior" de disponibilidad. El problema es que lo hice mediante un programa que realiza el proceso automáticamente, llamado CommonsHelper que parece que no dejó el tema lo suficientemente claro para un usuario no habitual, lo que lamento de veras. Si todavía tienes alguna duda, puedes ponerte en contacto conmigo en mi página de discusión en castellano, pues aunque colaboré durante un año con la Galipedia, y todavía participo esporádicamente por aquí, ahora hace tiempo que me dedico exclusivamente a la Wikipedia en español. Un cordial saludo, Furado 22:46, 28 de abril de 2011 (UTC)

Nada, furado moitas grazas. Pensei que alguén subira a foto atribuíndose a autoría, o que tampouco me preocupa, porque o que eu quería é que fose de dominio público. E parabéns pola edición en castelán -e nos outros idiomas-, sobre todo porque non incide tanto no nome que tiña Lois no DNI, que moito lle amolaba o de "Ángel" (con razón). --SHs 06:56, 29 de abril de 2011 (UTC)