Roberto Ferruzzi
Roberto Ferruzzi | |
---|---|
![]() Versión orixinal da Madonnina | |
Nome | Roberto Ferruzzi |
Nacemento | 16 de decembro de 1853 |
Šibenik | |
Falecemento | 16 de febreiro de 1934 |
Torreglia | |
Nacionalidade | italiana |
Eido | Pintura |
Traballos | La Madonnina (1897) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Roberto Ferruzzi, nado en Šibenik[1] o 16 de decembro de 1853 e finado en Venecia o 16 de febreiro de 1934, foi un pintor italiano.
Biografía[editar | editar a fonte]
Ferruzzi naceu en Šibenik, na Dalmacia, en 1853 de pais italianos. Con catro anos, trasladouse a Venecia, onde deu comezo aos seus estudos. Volveu para a Dalmacia coa súa familia onde viviu ata os 14 anos. Logo, trasladouse a Luvigliano, unha fracción de Torreglia, onde creou as súas mellores obras, incluíndo a famosa Madonnina.
Morreu en 1934, sendo enterrado cerca da súa esposa, Ester Sorgato, e da súa filla Mariska, no pequeno cemiterio de Luvigliano.
La Madonnina[editar | editar a fonte]
É coñecido pola súa pintura La Madonnina (A Virxeciña), realmente unha representación da maternidade coa que venceu a segunda Bienal de Venecia, en 1897. Grazas á súa dozura, a pintura foi rebautizada como Madonnina. É tamén coñecida como Madonna, Madonna co Neno, Nosa Señora do Repouso, Nosa Señora do Camiño[2] , Nosa Señora da Tenrura, Madonnella e Zingarella (Xitaniña).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Roberto Ferruzzi |