Conversa usuario:Regino

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Regino!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • Por certo debes saber que aquí non hai "Grandes" nin pequenos, simplemente a wikipedia ten unhas normas que hai que seguir, no cadro de enriba tes as ligazóns á axuda e as políticas e normas da wikipedia, que entre outras cousas impiden que se insiran textos con copyright por exemplo, que era o que pasaba no artigo Club do Mar Ferrol. Un saúdo --Banjo tell me 18:05, 17 decembro 2007 (UTC)

Ola, Regino, que tal? Unha das normas dos proxectos da wikipedia ten que ver coa promoción e a autopromoción. O que esas regras pretenden é que non falen dos temas os implicados neles, e non porque non teñan un bo coñecemento da materia, senón porque precisamente esa proximidade pode facer perder o punto de vista neutral, que toda wikipedia necesita. Conta comigo para botarche unha man no que precises. Un saúdo, --Xabier Cid 00:49, 19 decembro 2007 (UTC)

Bos días. Vale. Precisamente non son socio do Club do Mar Ferrol, a entrada que se está a modificar con certa frecuencia, normalmente para correxir os meus cambios. Non entendo por qué se quere encadrar só na categoría de "Vela", cando tamén é unha das "Asociacións de Galicia" e se preoucupa pola "Navegación" (categorías das que foi eliminada), e para como comprobación non hai máis que botar un ollo á categoría "Asociacións de Galicia" e ver a quén se lle deixa estar alí. Non sei si será por ter posto máis dunha categoría, pero dende logo está mellor en "Asociacións" que en "Vela", xa que fai máis cousas Regino

Ola, Regino, que tal? Mudei a categoría a Asociacións de Galicia. Creo que non é a mellor das categorías, e polo que ten dentro ben ves que están cousas que non se sabe onde meter... Seguramente o que hai que facer é borrar esa categoría e estruturar ben os contidos... pero eu non o vou facer hoxe, ;) A categoría de navegación ocúpase dos tipos de embarcación, dos tipos de vela e desas cousas. Se isto é un clube deportivo e tamén cultural, non debe ser ese o sitio. Con todo, relacionei a categoría Vela coa categoría Navegación, que estaba sen facer. Dúas cousiñas máis: se respondes a unha mensaxe que che deixan aquí, faino na páxina de quen cho deixou, para que se dea de conta da resposta. E, ademais, debes asinar as mensaxes co teu identificador. Para iso tes que premer o botón que está de cuarto empezando pola dereita na liña de botóns de aí arriba... Un saudiño, e pregunta o que necesites. --Xabier Cid 11:44, 19 decembro 2007 (UTC)
Ah, e unha cousiña máis. Se debatemos sobre un artigo concreto, mellor facelo na páxina de conversa do artigo. Así os que veñan despois e corrixan o artigo poderán consultar o que nós pensamos antes... e o que despensamos, ;) saudiños --Xabier Cid 11:48, 19 decembro 2007 (UTC)