Club do Mar Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Club do Mar Ferrol é un club de carácter deportivo e cultural creado no ano 1992 e que se dedica a actividades relacionadas co mar: pesca deportiva, vela de cruceiro e olímpica, vela tradicional, mergullo e pesca submarina. Para iso organiza varios campionatos destas especialidades ó longo do ano.

Na actualidade conta con máis de 1000 socios.

Outras actividades[editar | editar a fonte]

O club organiza actividades de limpeza de fondos do litoral mariño en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural. No ano 2007, en colaboración coa Estación Biolóxica da Graña que pertence á Universidade de Santiago, están dedicados ao cambio de localización dunha colonia de gorgonias que estaban en perigo por causa das obras do porto exterior.

Tamén colabora coa Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao na xestión de pantaláns e infraestruturas portuarias en Ferrol.

Dentro do ámbito da cultura da vela e embarcacións tradicionais, ten recuperado e promovido a construción de embarcacións tradicionais, e participado con elas en distintas probas da costa galega e da costa atlántica europea. En 1993 organizou a primeira regata de Vela Clásica Parrocheira, que dende aquela se celebra anualmente. En 1997 o club entrou a formar parte da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coa que colaborou na organización do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no ano 2007, en Ferrol.