Conversa usuario:Raposo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benvido á Galipedia Raposo, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:56, 30 novembro 2005 (UTC)

  • Ola Raposo, únome ao saúdo de benvida de Prevert e para calquera cousa que precises estamos por aquí. Tan só che quería recordar que o Punto de Vista Neutral é fundamental para a credibilidade do proxecto, vin que en Avant Browser, que estás editando agora, puxeches: pero que lle da cen voltas a este. Se Avant Browser é mellor que IE podes poñelo pero ten ter referencias, por exemplo: considerado pola revista tal (se é unha revista coñecida), ou polos expertos tal ou cal...., ou que ten máis funcionalidades, etc. Xa sabes, de teres calquera dúbida non teñas reparo en consultar, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:46, 24 xaneiro 2006 (UTC)
  • Conéctate --MiguelSR 00:16, 1 abril 2006 (UTC)
  • Esta mensaxe está relacionada coas capturas do xogo Need for Speed. Non poden ser imaxes no dominio público porque a licenza depende das condicións de licenza do xogo non do credaor da captura. Reproduzo a continuación este texto procedente de Commons que explica o tema: "Screenshots are copyrighted if the displayed program or operating system is copyrighted. For a detailed discussion see here. Thus, screenshots can not be used on the commons unless all components, programs and data shown in them are under some free license. As an example, Microsoft's guidelines do not allow derivatives (see here). This means that the use of screenshots of Microsoft products would go against commons policy.
Note that the screenshot may be published under this free license only if all the images used for the program GUI have a free license. If, for example, all of them are PD then the screenshot must be PD too because the creative work of creating a screenshot is zero. If the screenshot contains icons or content of nonfree sites, the screenshot is not free."
E certo que en Commons a política de publicación de imaxes é máis estricta que na Wikipedia inglesa, e mesmo, polo de agora, na Galipedia, pero habería que cambiar a licenza das capturas. Podes ver o caso dunha das imaxes na wikipedia en inglés Image:NFS.JPG, o marcador fai referencia ao Fair Use algo propio dos EEUU, neste wiki intentamolo adaptar falando de uso lexítimo (aínda que non sei se o poderemos manter no futuro). Parabéns polo traballo que estás facendo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:37, 1 maio 2006 (UTC)
  • Grazas por revisar as licenzas. Tes razón que nos falta variedade de marcadores, é unha das moitas tarefas que temos pendentes. Neste caso cómpre adaptar unha da Wikipedia en inglés. Agora andamos traballando na zona galega de Commons (anímote a que te rexistres alí se queres) e iso tamén ha servir para traducir algunhas licenzas máis, en todo caso a licenza definitiva das capturas, como dixen antes, terá que vir de en.wiki . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:50, 3 maio 2006 (UTC)

Katowice[editar a fonte]

Hello. I'm wikipedia redactor from Poland. I'm trying to get article about en:Katowice in all possible languages. There is almost 60 langauage version. Could You help me translate into GL (glageo) wiki version. There is a source in English and Espanol. Just a few sentences. Please help.

Best Regards StimorollTalk

P.S. If You do that, please put interwiki link into english version.

Template:CapturaPantalla[editar a fonte]

  • Ola Raposo, agora temos o marcador {{CapturaPantalla}} que se usa conxuntamente coa licenza da propia imaxe. Na páxina do modelo hai algunhas instrucións sobre o seu uso. Por outra banda, en Wikipedia:Mantemento#Imaxes hai información con respecto a algúns procedementos a seguir coas imaxes. Estamos traballando en Commons para ampliar tanto alí coma aquí a información en galego sobre as imaxes e o seu uso. Calquera idea ou suxerencia que se che ocorra non tes máis que dicirma. Unha vez máis grazas polo traballo que estás facendo pola Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:45, 21 maio 2006 (UTC)

Imaxe, falta información de Image:raposo.jpg[editar a fonte]

Warning sign Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:raposo.jpg' ' cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Rocastelo(fálame aquí) 17:16, 23 maio 2006 (UTC)

Imaxe, falta información de Image:Emilio Perez Torino.jpg[editar a fonte]

O dito para a anterior imaxe é tamén válido para esta. Fáltalle a orixe. Se precisas axuda para lla colocar, non dubides en contactar comigo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 08:12, 29 xuño 2006 (UTC)

Xornal da Galipedia[editar a fonte]

Ola Raposo, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:25, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Raposo. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)

Eleccións de administradores[editar a fonte]

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:29, 3 outubro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas"[editar a fonte]

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:39, 25 novembro 2007 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons[editar a fonte]

Ola Raposo. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Sea Shadow.jpg, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:US Navy Sea Shadow stealth craft.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Sea Shadow.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.

Un cordial saúdo.

--Lmbuga Commons - Galipedia 19:38, 31 decembro 2007 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Raposo. Xa pasaron dous anos desque editaches por primeira vez na Galipedia, o 17 xaneiro foi o teu aniversario neste wiki. Con ese motivo quero lembrar a túa contribución neste proxecto. Grazas pola túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:21, 10 febreiro 2008 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Gato montés.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Gato montés.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Lobeznos.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Lobeznos.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Lobo vermello.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Lobo vermello.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Imaxe:Ramón María Aller Ulloa.jpg[editar a fonte]

Ola Raposo. Ocorre o mesmo ca coas anteriores imaxes: Non ten orixe Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:14, 9 outubro 2008 (UTC)

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Renault 5 Tuning.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Renault 5 Tuning.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)  Lmbuga / Conversa comigo  22:27, 28 novembro 2008 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
Perigo


Image:Avril Lavigne foto promocional do 2 album.jpg




Ola Raposo, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. Lmbuga / Conversa comigo  19:40, 29 xullo 2009 (UTC)

Ficheiro:Fegamp.gif[editar a fonte]

A licenza {{Selo}} non é válida pois non é unha licenza, ademais, non se trata dun selo, é un logo e probablemente con copyright. Ademais non ten nin orixe nin autor. Creo que se debería borrar (Conversa ficheiro:Fegamp.gif)-- Lmbuga / Conversa comigo  10:37, 1 setembro 2009 (UTC)

Autoestradas[editar a fonte]

Pensei que finalmente se trataba de fusionar o artigo AG-53 con Autoestrada Central Galega, polo que falamos na páxina de conversa. Que sentido ten logo crear AG-54? Saúdos. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:05, 22 marzo 2010 (UTC)

AG-54 é unha autoestrada distinta da AG-53, aínda que se proxectou e construiu conxuntamente, a AG-54 parte do km 78 da AG-53 cara Maside e O Carballiño. É unha miniautovia para moitos innecesaria pero que ahí esta. Saúdos --Raposo 23:14, 22 marzo 2010 (UTC)

Comprendo, non entendera a diferencia entre unha e outra. Por certo, se queres que poida ler a túa resposta tesma que deixar na miña páxina de conversa, se non non a vexo, desta vez foi de casualidade. Abur. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:21, 22 marzo 2010 (UTC)

Ciclopentanoperhidrofenantreno[editar a fonte]

Ola, compañeiro. Cando traduzas artigos doutras wikipedias tes que indicar que é unha tradución e a procedencia (para cumprir coa licenza GFDL da Wikipedia). Vin que en Ciclopentanoperhidrofenantreno non o fixestes. Deberías escribir "tradución da Wikipedia en español es:Ciclopentanoperhidrofenantreno". Ten en conta que se non o fas vancho ter en conta os administradores, que son xente moi mala. Para calquera dúbida tesme aquí a man. Un saúdo. Xoacas(non che sinto?) 00:45, 19 de abril de 2010 (UTC)

Proposición[editar a fonte]

Ola, Raposo. Véñoche facer unha proposición. coñecerá que recentemente ven de entrar en servizo un novo tramo de autovía/autoestrada que conecta Verín (Ourense) con Chaves (Portugal), con enlace na A-52. Anímaste a facer aínda que seña un esbozo de artigo? É unha infraestrutura fundamental para o desenvolvemento da eurocidade Verín-Chaves, e sería unha mágoa non tela recollida na Galipedia. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:25, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Pois mellor así, daquela o que pasou foi que non souben identificala. Gracias, un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:42, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Imaxe con problemas[editar a fonte]

Ola, raposo, marquei esta imaxe como con problemas para ser borrada... {{subst:copyvionote|File:Ramón María Aller Ulloa.jpg}} Xabier Cid Talk, please 14:14, 28 de marzo de 2011 (UTC)

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Ola, Raposo! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:38 (UTC)[responder]

Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts[editar a fonte]

Boas, o artigo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 4 de agosto de 2021 ás 20:38 (UTC)[responder]