Conversa usuario:Río de baos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Río de baos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola! A imaxe que subiches do libro de Manuel María ten copyright, polo que houbo que eliminala. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de abril de 2016 ás 15:45 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Río de baos. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 8 de abril de 2016 ás 06:26 (UTC)[responder]


Ánimo[editar a fonte]

Ola Río de baos. Eu veño para che dicir que non te desanimes. Que aos primeiros esto parece moi complexo e que nada podemos facer aquí. Talvez queremos facer moito nada máis chegar e antes cómpre irse familiarizando coa metodoloxía e os protocolos establecidos. Unha metodoloxía que é necesaria para todos e todas poidamos aportar e uns protocolos que teñen o seu aquel pero que son comúns a toda unha comunidade inmensa que hai detrás da Wikipedia. Tómao con moita calma. Empeza moi pouquiño a pouco. Pois ao mellor revisando un texto sobre o teu pobo no que atopas un erro e procedes a corrixir. Aportando unha imaxe da túa parroquia que está sen ela... E lembra que sempre podes preguntar. Os administradores teñen a paciencia do siglo con todos nós. Proba e verás como é moi gratificante. Un saúdo dun perpetuo novatísimo --Satna (Ti dirás) 28 de xullo de 2016 ás 18:55 (UTC)[responder]

Boas, Satna Desculpa que non che contestara antes. O certo é que non volvín pola Wikipedia desde maio.Moitas grazas polas túas palabras de ánimo. Isto é moi interesante, pero complexo de máis para min. E non teño tempo para adicarlle...pero ao mellor cando me xubile (se chego a iso!) teño máis tempo e vou pouco a pouco.Non me dá para máis de momento. Eu seguirei intentando facer alguiño. Un saúdo.