Conversa usuario:Pijusmagnifikus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Pijusmagnifikus!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 7 de marzo de 2016 ás 10:20 (UTC)

Posible violación de dereitos de autoría en Sentimentalismo[editar a fonte]

Ola, Pijusmagnifikus, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Sentimentalismo, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 8 de marzo de 2016 ás 17:30 (UTC)

Boas Pijusmagnifikus. A edición do artigo Sentimentalismo foi revertida por ser unha violación de dereitos de autoría desta web, na que non se indica ningún tipo de licenza. Como se indica na mensaxe anterior, a non especificación dunha licenza compatible nesa web implica que o material que contén non pode copiarse e introducirse sen máis na Wikipedia. Tes máis información sobre isto en Wikipedia:Dereitos de autoría. Se o que precisas é información sobre como adaptar o material, tes máis información en Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:Citar as fontes. Un saúdo. Banjo tell me 8 de marzo de 2016 ás 17:49 (UTC)

Artigo sentimentalismo[editar a fonte]

Trasladei o teu comentario ó Taboleiro dos administradores para que o conxunto de administradores revise o artigo, alí che indicarán como proceder para arranxar os problemas indicados nos marcadores do mesmo. Podes ver a conversa directamente seguindo esta ligazón. Saúdos. Banjo tell me 20 de abril de 2016 ás 14:19 (UTC)

Podes participar na conversa do Taboleiro se queres, sen problema :) --Toliño Fala aquí comigo 21 de abril de 2016 ás 20:17 (UTC)

Boas. A ver, o principal problema do artigo é a carencia que ten de fontes acreditadas. Isto é, as referencias achegadas no artigo son fontes primarias (todas son de libros publicados pola Editorial Bubela, que garda relación co movemento), que poden ser válidas, pero non abondan para acadar un punto de vista neutral. O ideal sería completar o artigo con fontes secundarias. Sería bo incluír referencias escritas por xente independente ao movemento. Por outra banda, o segundo problema do que se informou é que carecemos de contidos que falen sobre o sentimentalismo nas outras vertentes que ten ao redor do mundo. --Toliño Fala aquí comigo 6 de outubro de 2016 ás 11:40 (UTC)

Xesús Manuel Valcárcel[editar a fonte]

Poderías aportar algunha referencia para mudar os estudos de filoloxía galega a hispánica? Grazas. --AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2018 ás 14:54 (UTC)

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Pijusmagnifikus. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 19 de xuño de 2018 ás 21:47 (UTC)