Conversa usuario:Picallo
Benvido(a) á Galipedia, Picallo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. --Iago dime 11:17, 12 abril 2009 (UTC)
Autopromoción[editar a fonte]
Ola, Picallo, benvido á Galipedia.
A túa primeira e única edición ata o momento foi a de crear o artigo Guillerme Vázquez. Coincide con que na propia web de Guillerme Vázquez se remite á Galipedia para ampliar información, algo que sucede dende hai só unhas horas. Todo fai pensar que a mesma persoa que redacta os contidos da web de Alternativa pola Unidade, creou este artigo ou promoveu a súa creación.
Quizais non fose así. Pero por se acaso, quero avisarte, porque esta é a túa primeira edición, que a promoción política non é posible na Wikipedia. Os membros dun determinado partido ou corrente deben absterse de editar nos artigos do seu partido, en particular cando o fan nunha perspectiva non completamente neutral. O contrario sería considerado como autopromoción, e o artigo sería inmediatamente borrado, á espera de que alguén neutral o crease.
Para calquera dúbida que teñas, non teñas medo en preguntar. Aquí estamos todos pra axudarnos. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 15:01, 12 abril 2009 (UTC)