Conversa usuario:Omerlobranco
Dámosche a benvida á Galipedia, Omerlobranco!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2023 ás 20:47 (UTC)
Fotos Celeiros[editar a fonte]
Ola!
Que ben que subises a Commons as fotos de Celeiros. Sería fantástico se lles engadises as coordenadas, para poder xeolocalizalas. Sería cuestión de engadirlles o modelo {{Location|42,11111|-8,11111}} (coas coordenadas de cada lugar, claro!). Isto é bastante útil para xeolocalizar algúns elementos.
En relación con isto, está a ferramenta WikiShootMe, que che permite navegar por un mapa vendo os elementos existentes nas diversas Wikipedias (en realidade, existentes en Wikidata) e ver se teñen ou non foto.
Por outra banda, anímote a editar tamén na Galipedia coa conta esta. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2023 ás 20:49 (UTC)
Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]
Ola, Omerlobranco. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref>
despois da información, poñendo no lugar de referencia
a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}}
ou {{Cita web}}
. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xuño de 2023 ás 12:37 (UTC)
ligazón externa[editar a fonte]
Ola, Omerlobranco; no artigo de Celeiros, Ponteareas pasei o enlace que puxeches en "Ligazóns externas" a referencia na sección onde se fala dos piñeiros. Aproveitei para darlle formato. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de xuño de 2023 ás 10:06 (UTC)
Axudas ortográficas[editar a fonte]
Ola Omerlobranco. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 19 de xuño de 2023 ás 20:27 (UTC)
Referencias[editar a fonte]
Ola Omerlobranco.
Por favor, inclúe referencias ás fontes dos contidos que achegas (WP:NON, WP:CITE, WP:FF, WP:V ...).
Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22 de xuño de 2023 ás 20:54 (UTC)