Conversa usuario:Nondifamación

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Nondifamación!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:09, 11 de xuño de 2012 (UTC){{

Eliminar contidos[editar a fonte]

Ola, Nondifamación. Supoño que ti serás o mesmo usuario que dende a ip 83.165.8.88 eliminou contidos nos artigos José Muíño Domínguez e Corcoesto, Cabana de Bergantiños. Por favor, revisa as Cousas que non se deben facer na Galipedia e presta atención ó Punto de vista neutral. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:16, 11 de xuño de 2012 (UTC)

Hola. Son o mesmo usuario. Neste caso estás difamando, con unha información falsa, non neutral. Por tanto pídoche que desistas desa actitude, e contribúas con opinións ou informacións que afectan a persoas, que sexan contrastables... —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nondifamación (conversacontribucións)

A informacion é referenciada e eu non veo difamacion como tu falas na Wikipedia en español. --Ravave (conversa) 10:02, 11 de xuño de 2012 (UTC)

É a terceira vez que ignoras o que se che di e saltas as normas conscientemente. Tes un bloqueo por tres días. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:48, 11 de xuño de 2012 (UTC)


Paréceme inxusto o bloqueo, xa que se está difamando a unha persoa. Pódese saber cal é o motivo de bloquearme a min e non os outros usuarios?. Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nondifamación (conversacontribucións)

  • Non se está difamando. A frase É director de Recursos Humanos da compañía mineira canadense Edgewater Exploration, que mercou os dereitos de explotación mineira na parroquia de Corcoesto. A empresa ten previsto transformar a zona en 2013 nunha mina a ceo aberto, pero conta coa oposición da veciñanza. ten dúas referencias válidas e non expón senón un feito. Quen está repetidamente a tratar de burlar as normas es ti, Nondifamación, ao retirares contidos tanto no artigo de José Muíño como no de Cabana de Bergantiños. Ademais, recibiches o aviso de que non debías facelo. Noutra orde de cousas, para comunicarte con outros editores, debes facelo na páxina de conversa destes, non na de teu, pois dese xeito non salta o aviso de nova mensaxe e é probable que o usuario ao que te dirixas non chegue a saber da túa mensaxe. Un saúdo e espero verte de volta por aquí dentro de 3 días con edición construtivas. --Atobar (conversa comigo) 11:44, 11 de xuño de 2012 (UTC)

Descoñecía o funcionamento exacto de Wikipedia, así que intentarei facelo polos cauces normais. Por suposto que non estou dacordo co que pos, e a frase que deixades escrita está exposta para facer dano á persoa na que está referenciada. Paréceme un abuso de autoridade pola túa parte como administrador con capacidade de bloqueo, xa que non insultei nin calumniei a ninguén, e utilizarei todos os medios posibles dentro e fora da wikipedia para solucionar este abuso. Por certo, qué edición constructiva é intentar facer creíble que un alcalde exerce de Director de recursos humanos dunha empresa?. Non será para facerlle dano a esa persoa?...Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nondifamación (conversacontribucións)

  • Procedo a retirarche o bloqueo. Erro meu ao dar unha referencia dun blog como válida (pensei que as dúas eran de Praza Pública). Afortunadamente, resolveu a miña equivocación HombreDHojalata e xa retirou afirmación non referenciada da páxina web, así como tamén aproveitou para aquelar o artigo de Corcoesto coa debida información. Sinto o equívoco e o dito, xa non tes ningún bloqueo. Noutra orde de cousas, ten en conta que non se poden retirar contidos sen máis, e que se debes facelo, paralelamente debes achegar información que o avale na propia páxina de conversa do artigo, na taberna ou nalgún lugar similar. Se tes dúbidas, pregunta, que habeos axudar. E último detalle: vai á miña páxina de conversa para dirixirte a min, se non, como che dixen antes, é moi probable que non vea o que me dixeches, pois non recibo ningún aviso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:51, 11 de xuño de 2012 (UTC)