Conversa usuario:Nerea Bello
Benvido(a) á Galipedia, !
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 14:31 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Nerea Bello. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 8 de marzo de 2019 ás 22:30 (UTC)
Ola, Nerea Bello. Por favor, arranxa os problemas deste artigo que creaches. Algúns usuarios metémoslle man de maneira moi básica, pero aínda queda moito por solucionar. Se tes calquera dúbida non temas en preguntar, e ten en conta que sempre é máis conveniente facer pouco e ben que moito pero atrapallado e con problemas. É dicir, que non che trema a man se tes reducir todo o contido que soltaches á bravas para deixalo no fundamental, sen complicarte con fonduras. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10 de marzo de 2019 ás 17:41 (UTC)