Conversa usuario:Néboa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Néboa!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 17:26, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

Pregunta aclaratoria[editar a fonte]

Boa tarde, Néboa. Unha pregunta: cal é a túa relación con Pablo Santiago? Pregúntocho porque podería haber un conflito de intereses. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:49, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

Ningunha relación. Simplemente interésame o seu traballo como periodista. E por suposto eu non son el nin teño nada que ver con el.--Néboa 19:06, 2 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Graciñas pola información. Daquela, non hai ningún problema. Outra cousa: cando te dirixas a un usuario debes facelo na páxina de conversa deste (tal cal estou facendo eu con esta mensaxe); outramente, é dicir, se respondes na de teu, non aparece o aviso de nova mensaxe e é probable que o usuario ao que te dirixías non repare na túa contestación. Eu, de feito, vina casualmente mentres chequeaba os cambios recentes. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 01:34, 3 de febreiro de 2012 (UTC)

Proposta de borrado[editar a fonte]

Ola, Néboa. Propuxen para o borrado todos os artigos que creaches ao redor do mesmo tema. Podes ver a conversa sobre iso en: Wikipedia:Votacións para borrar/Pablo Santiago.

Se tes calquera dúbida aquí estou para axudar. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 08:53, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

Aviso de bloqueo[editar a fonte]

Ola, Néboa. Dado que ti e PeioR sodes a mesma persoa, e dado que é unha situación que non debe manterse, creo que deberías pechar unha das dúas contas (loxicamente esta). Creo que deberías cancelar a conta, e antes editar claramente na túa páxina de usuario que a) o fixeches sen mala vontade, b) non vas volver empregar esta conta e que c) PeioR, Néboa, e os demais (que ti sabes mellor cales son), son os mesmos usuarios. Do contrario, teriamos que bloqueala nós, pero sinceramente non creo que teñamos que chegar a tanto. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 09:45, 13 de febreiro de 2012 (UTC)