Conversa usuario:MariaG
Benvido(a) á Galipedia, MariaG!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:05, 10 febreiro 2010 (UTC)
Varios[editar a fonte]
Ola, María, benvida á Galipedia. Tiven que marcar para o borrado o artigo Ménades. E imprescindíbel que todos os artigos se cingan ao formato da Galipedia, con ligazóns internas, referencias, iw's, divisón en seccións e referencias, entre outros. É moi sinxelo, aquí tes un exemplo dun artigo en certa maneira similar que che pode server de guía, o de Urco. Se tes dubidas, non temas en contactar comigo ou con calquera outros dos habituais desta wiki. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:59, 21 febreiro 2010 (UTC)
- María, tes que facer o que che digo, porque se non non poderán quedar, e é unha pena. Fai un esforciño, e verás que non che ga faltar axuda. Tiven que marcar tamén como lixo Deconstrutivismo e mais Brutalismo. --Atobar (conversa comigo) 22:06, 21 febreiro 2010 (UTC)
- María, gracias por te unir a nós neste proxecto. Creo que farías ben se atenderas ás indicacións de Atobar. O entusiasmo que lle pos ao traballo podería ser de moito proveito para todos, semella que entendes de arquitectura e de arte e precisamente ese é un tema moi necesitado de atención na Wikipedia en galego. Porén todo traballo debe cumprir uns estándares que garanten a súa calidade, a súa permanencia e a posibilidade de que outros usuarios poidan facer uso de el e contribuír a melloralo. Anímote a seguir os procedementos establecidos. Outra cousiña: o artigo metopa xa existía co título correcto, métopa, é unha mágoa o traballo perdido. Un saúdo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:32, 21 febreiro 2010 (UTC)
- María, como vexo que non me fas ningún caso, velaquí queda un exemplo para que repares na diferenza entre o que ti creaches e a modificación que houbo que facerlle ao artigo para adaptalo ao formato wiki. Preme aquí. Espero que a partir de agora sigas estas pautas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:25, 22 febreiro 2010 (UTC)