Conversa usuario:Luisgaco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 09:57 (UTC)[responder]

Boas Luisgaco, a túa imaxe foi borrada en Commons porque ten dereitos de autor, se queres saber como subir imaxes podes consultar Wikipedia:Política de uso de imaxes e Wikipedia:Guía de carga de imaxes, e se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos,

Ola. Non sei se teño que contestar aqui ou onde. Acaban de borrar unha foto que pagou o propio grupo. Non entendo o motivo. As fotos que están en internet son cedidas por nós aos medios de comunicación para a súa publicación. Poden explicarme que podemos facer para publicar unha foto e que ningúen a borre? Graciñas. Un saudo. Luisgaco (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 10:24 (UTC)[responder]

Boas Luisgaco, o primeiro, grazas pola súa colaboración, e o segundo, o das fotos :). O problema está en que as fotos deben ter unha forma de poder comprobar que a licenza é libre, permite o uso comercial e as obras derivadas, xa que como se indica na páxina da Política de uso de imaxes, esa é a licenza que teñen todas as Wikipedias e que teñen que cumprir tódolos contidos. Que os medios de comunicación usen esas fotos non implica que a licenza das mesmas sexa libre, esas fotos, se non se indica explicitamente nalgún sitio, teñen copyright, e polo tanto non se poden usar nas Wikipedias.
Como solucionar isto? Hai varias formas. Acabo de atopar que o grupo ten unha web, https://tiruleque.wixsite.com/tirulequegal/fotos, que parece a web oficial, aí claramente se indica que a licenza é CC-BY-NC-ND, cousa incompatible con Commons (o servidor de imaxes das Wikipedias) que só admite imaxes con licenza CC-BY-SA (como maior restrición). Unha cousa que se podería facer sería engadir un pé de imaxe a algunha foto das do álbum desa web, e indicar que ten a licenza CC-BY-SA, así esa foto podería subirse a Commons indicando como fonte esa páxina web, deste xeito todo o mundo poderá verificar en calquera momento que a licenza é correcta.
Outra forma sería enviar un correo electrónico ó sistema OTRS de Commons adxuntando a foto que se quere liberar e indicando a licenza libre coa que se quere publicar. O mellor é que consulte a páxina OTRS de Commons e copie o modelo de mensaxe a enviar, encha os datos particulares de información, e envíe o correo ó enderezo alí indicado.
Se precisa máis detalles sobre este tema, contacte de novo comigo e tentarei axudalo en todo o que poida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 11:14 (UTC)[responder]

Ok. Xa enviei un email ao correo que aparece para solicitar o que comenta. Na web xa aparece a licenza que se precisa. Luisgaco (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 20:28 (UTC)[responder]

Moi ben, pois se queres, dime o título do correo que enviaches e eu podo contactar coa xente de OTRS para que revise o correo, confirme a licenza da imaxe e me diga o nome do ficheiro para engadilo no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 21:32 (UTC)[responder]

"Consentimiento de publicación de fotografía". Xa me contestaron pero a foto Luisgaco (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 22:20 (UTC)[responder]

...non está. Bueno... a ver que pasA Luisgaco (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 22:21 (UTC)[responder]

Xa está, xa a atopei, xa a engadín ó artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 22:38 (UTC)[responder]

Esa foto non é. É a outra que saimos sen instrumentos... A ver se pode cambiala. Graciñas. Luisgaco (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 08:15 (UTC)[responder]

É esta foto: https://www.dropbox.com/s/9vpc9ep3cgdj4lm/fototiruleque1.jpg?dl=0 Luisgaco (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 08:19 (UTC)[responder]

En Commons só atopei estas dúas fotos: Ficheiro:Foto de grupo 2018.jpg (con licenza OTRS) e Ficheiro:Tirulequerec.jpg (sen licenza OTRS)... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 08:29 (UTC)[responder]

Pois xa subiremos a outra. Pode ser? Luisgaco (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 08:43 (UTC)[responder]

Si claro, agora non hai problema. Eu agora mesmo non podo acceder á dirección de dropbox, pero, se queres, súboa pola noitiña. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 08:49 (UTC)[responder]

A ver se podo eu. Graciñas. Luisgaco (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 09:03 (UTC)[responder]

Xa está subida. A ver se pode publicala. Graciñas. Luisgaco (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 12:31 (UTC)[responder]

Tiruleque[editar a fonte]

Ola, Luís. As túas achegas son benvidas na Galipedia, pero por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Non é correcto que edites sobre o grupo de música no que tocas, pois inevitablemente vas dar un punto de vista subxectivo. Non é tan importante ter presenza na Galipedia, non vos preocupedes por iso. E se o grupo ten relevancia, xa haberá xente interesada nel que se preocupe de mellorar e aumentar o artigo. Anímovos a seguir editando noutros artigos nos que esteades interesados. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de marzo de 2018 ás 12:55 (UTC)[responder]