Conversa usuario:Lansbricae/Monólogo do meu rollo en Agosto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Á vista das novas descubertas poño ligazón para informar sobre: Wikipedia:Lo que los bibliotecarios (administradores) no son.

Exposición de Motivos:

A explicación do acontecido no mes de agosto en diferentes discusións, os feitos dos que fun protagonista en demasiadas ocasións e as implicacións que siguen a ter fan que me vexa na obriga de facer unha analise persoal do acontecido e as causas que me levaron a tomar tal opción. Como a miña verba non é moi amena, nin o estilo é de apreciar tratarei de esquemáticamente expoñer o meu punto de vista sobre estes feitos.

En ningún caso o meu interese residiu en forzar unha situación de bloqueo de ningún tipo do proxecto, nin perxudicalo en nada.

Parto das seguintes premisas:

  1. Que as persoas que actuaron nestes feitos son xente que leva traballado moitísimo e durante moito tempo neste proxecto e, no caso dos administradores realizando as tarefas menos agradables e máis traballosas, pero ao mesmo tempo máis necesarias. Que un administrador non edite non significa que non esté a realizar un traballo para o proxecto (serían innumerables os traballos realizados por eles xa só dos que eu no tempo que estiven fun testigo). Por outra banda a súa labor no referente ao apoio e ensinanza dos novos tamén é exemplar. O seu traballo ten consecuencias moi perxudiciais para eles e fai que o cansanzo e o desánimo caia sobre eles.
  1. Que estas persoas actuaron dentro da boa fe, incluíndome a mín(!!), pese aos erros cometidos. O propio grado de implicación ao proxecto demostrado moito tempo por eles debe dar boa fe de elo. O grao de compromiso que cada un establece co proxecto depende de un mesmo pero o proceso de implicación está directamente relacionado co traballo aportado. É unha paradoxa, canto máis se colabora máis obrigacións se establece un, ata que chega o momento de replantexarse de que o tempo e traballo ocupado deba equilibrarse co resto de actividades da nosa vida cotidiana. Entendo polo tanto que este proceso incide máis na figura dos administradores e burócratas, xa que de por sí teñen máis obrigas que o resto.
  1. Que pasado xa un tempo non creo que neste caso foran as persoas as que erraron senón que foi o sistema o que provocou unha consecuencia que non debería ter sido nin tan longa, nin tan persoalizada, nin tan enleosa e nin tan perxudicial.
As características deste proxecto, no que o seu pequeno tamaño fai que sexa máis necesario o traballo dos administradores principalmente, e a colaboración nesa mesma administración do día a día por parte dos editores, e circunstancia que determinou a súa propia evolución. A evolución que eu coñecín foi a da existencia dun grupo de 5 ou 6 administradores activos ordinariamente, case sempre dous de xeito continuado, e o nomeamento, nun momento no que só había un administrador realmente activo, de 4 novos administradores.Unha das consecuencias do especifico xeito de evolucionar do proxecto é que as metas a lograr deben estar supeditadas aos recursos dispoñibles, polo que a evolución do proceso electivo da administración, como é lóxico, quedou supeditado ás necesidades básicas de cobertura da administración diaria e evolucións máis prioritarias (traducción das mensaxes de sistema por exemplo e moitísimas máis...). A posible merma democrática quedaba anulada, no meu entender, pola autoritas dos administradores (entendendo autoritas no sentido que se lle daba na Roma antiga como o poder dado polo prestrixo producto dos seus actos dentro da comunidade, diferente da potestas, o poder inerente ao seu cargo (o que lle otorga), o coercitivo entre eles). Non é esta, nin de lonxe, a causa de toda esta lea, o que coñece o proxecto durante un tempo, se é consecuente co que sabe debe entender que non se pode esixir máis a quen xa está a dar de máis.

Paso xa logo a esquematizar os feitos de agosto:


O meu paso por estes lugares[editar a fonte]

O principio, novembro de 2006[editar a fonte]

Comecei a colaborar na Galipedia na primeira quincena de novembro de 2006. Eu non usara nunca a wikipedia e coñecina por casualidade, vin a ligazón a Galipedia e andiven a cheirar nela. Decidinme a rexistrarme e fun recibido coa Benvida do administrador Lmbuga, o que me deu moita ledicia. E decidin quedar a traballar. Comecei a crear os meus artigos e subir as miñas imaxes. En todo este traballo Lmbuga axudoume moitisimo e incluso fixo o traballo que eu tentaba facer para ensinarme cunha paciencia admirable.

Os meus seguintes pasos leváronme a tratar de coñecer máis o contido do proxecto, e decidín crear un artigo sobre Chejov, busquei se existía a través da procura e no me deu resultado algún. Eu daquela non sabía o funcionamento da procura, o que son as redirecións e deducín que non había tal artigo, e comecei a traballar no meu primeiro artigo longo. Fixen o meu primeiro grabado e seguín a editar. Ao mesmo tempo que eu seguía a editar o administrador (daquela era usuario común) user:Albert galiza estaba a advertirme de boa fe que xa existía un artigo dedicado ao escritor, eu grabei e, agora sei o que pasou naquel momento non, produciuse un conflicto de edicións e rematei perdendo todo o que escribira. Vin a mensaxe de Albert e reacioneí de malos modos (pódese ver no seu historial, acusandoo de terme borrado o feito. El tratou de disculparse, e mediou Prevert. Fixeronme entender que o que oubera pasado non tiña mala fe, fora o que fose. Disculpeime con Albert e él aceptounas e avergoñado seguín a troulear pola Galipedia editando cousas de Exipto e deáis, coñecendo como funcionaba todo esto.

O mes diume para todo, tamén discutin con Sobreira sobre o uso ao meu entender indebido da grafía KH para sustituir o ton da j castelá no inglés que non ten grafía para o son, el alegou as súas posturas e eu as miñas que defendían o usa da gh (a gheada) no canto de usar unha letra inexistente no noso vocabulario K. Non terminamos en ningún acordo e desdeimonos ofrecéndose el a correxirme o meu galego que opinaba era moi deficiente (concordo). Agradecinllo, realmente se crea ou non axudaríame a mellorar o meu galego. Non estaba mal, non metera tanto o zoco como a primeira vez e sacaba gañando algo. Dinme conta iso si que a filoloxía é para os filólogos, aínda que non debo esquecer que Xabier Cid tampouco era partidario do uso de KH. Era un tema que sa xe discutira antes e esta nos arquivos da Taberna, asi que amoldeime ao que había e usei o kh. No caso de Exipto optei por nomear aos faraón polo seu nome grego evitando deste xeito ter que usar KH pese a perder un maior respeto a lingua orixinaria.

E seguín a traballar en artigos do Antigo Exipto e a coñecer as categorías, un dos puntos febles da Galipedia creo eu, a navegar por elas e ver o que había. Cando vin o que había sobre a nosa historia e os nosos monumentos decidin centrar o meu traballo nese eido. e chegou decembro e sempre axudado por Lmbuga comecei a aclararme coas categorías, categorizando, a ordear mentalmente o contido de historia e patrimonio de Galicia.

Aprendendo[editar a fonte]

Co tempo fun aprendendo o que é o vandalismo, os distintos tipos... e en definitiva a valorar o labor dos administradores é a coñecer a necesidade de que todos os participantes deben coaxudar nesa administración, axudar a facela máis fácil e rápida..... e imitando aos que saben máis ca min fun aprendendo..

O asunto Macedonia - Coñecendo a xente da Galipedia[editar a fonte]

Abril. Ver o meu historial user:Talk

O Vicedo[editar a fonte]

Finais de Maio de 2007. Menciono este caso xa que o usuario Xabier Cid o citou na páxina de discusión de Alma, sen concretar o artigo, como a causa do inicio do "sentimento de persecución por parte da ip cara a él" e que Prevert concretou más adiante na mesma páxina como O Vicedo.

A usuaria Alma estaba neses intres a coñecer con máis profundidade o proxecto e a comezar a editar con maior asiduidade. Coñecendo este proxecto, foi quen de ver o diálogo producido no artigo Talk:O Vicedo e opinar favorablemente a actuación dos administradores. Estabase engadindo un contido moi perxudicial para o proxecto por parte dunha ip sen rexistrar, e polo contido político moi perigoso xa que moitos vandalismo veñen con eses contidos e que pase un pode significar que pase un pode significar que haxa unha porta aberta a eles (efecto chamada que os administradores coñecen que sucede por ter pasado aquí e en outras wikis).

O agosto maldito[editar a fonte]

A finais de xullo, e durante case todo o mes o administrador Xosé estivo a traballar a reo na administración das incidencias diarias, coa colaboración dos administradores Xelo2004 e Prevert. Comezou o mes de agosto e Xelo2004 fixo un novo esforzo e quedou de administrador de guardia (como quen dí), supoño que buscando tempo de onde fora, e coa colaboración nalgúns intres de Prevert

O 17 de agosto a ip User talk:87.217.144.97, que si claramente pode ser identificado co usuario User:Maañón fai un comentario sobre o Talk:O Vicedo na páxina de discusión e o usuario User:Xabier Cid procede ao seu borrado especificando suprimo discusión onde se verten opinións dificilmente probábeis e a ip diríxese a el e el a ip, e Prevert apoiando a postura de Xabier Cid mencionando a necesidade de verificabilidade. Nadie discutíu o procedemento que era mellorable, como todo,(simplemente tratar de falar directamente coa Ip na súa páxina de usuario) pero según o exposto con anterioridade entendíase o uso do definido por Prevert como "actuación resolutiva" e proceder ao borrado ata que se se quixese integrar no artigo referencialo e incluílo nun contexto que evitase o uso do contido cun efecto anuncio.

Mañón[editar a fonte]

Os días 2, 6 e 7 de agosto dúas ips User talk:82.67.49.171 e User talk:87.217.145.112 que parece evidente as edicións dun mesmo usuario edita datos etimolóxicos sen referenciar a diferenza dos alí expostos. O 7 de agosto contesta no talk de Talk:Mañón ao usuario André e o administrador User:Xelo2004 procede ao seu borrado sen alegar causa algunha. Non entro nas cuestións etimolóxicas por descoñecemento e porque non son o que conta, si entro en que o xeito de facer o comentario por parte da ip, Maañón podería ter sido mellorable e máis respetuosa no xeito de decir que a opinión de Xelo non aportaba nada, salvo a evidencia, a discusión e si entro en que a forma de borrado do comentario "completo" da mensaxe sen especificar nada é mellorable.

Esteiro[editar a fonte]

O 17 de agosto a ip User talk:87.217.144.97, Mañón crea unha nova páxina Esteiro, e aos 20 minutos o usuario User:Xabier Cid convirtea nunha páxina de homónimos eliminando parte de texto de contido etimolóxico sen indicar ningunha causa (as causas foron dadas no User talk:87.217.144.97 a posteriori, xunto con desculpas, baixo o título "Paranoia"). Iniciase unha nova discusión entre eles. O 19 de agosto a ip volve a introducir os datos e a continuación (2 horas máis tarde) de novo Xabier Cid fai modificacións sustanciais, ao entender da ip, do contido engadido pola ip, de novo sen especificar causa algunha). O día 20 de agosto ábrese o Talk:Esteiro sobre o contido. durante este tempo o 17, 18 e 19 de agosto ábrese unha discusión entre Mañón-Ip e Xabier Cid, coa participación de Prevert nas súas páxinas de discusión de usuario correspondentes. O enfrontamento de posturas é evidente.

O 19 de agosto rexistrase o User:Maañón e edita a súa páxina con comentarios críticos cara a administración, a usuaria Alma dalle a benvida User talk:Maañón e dí coincidir "nalgunhas cousas con el", o administrador User:Xelo2004 entra na súa páxina de discusión e "comenta" o contido da páxina do usuario, e o usuario procede ao borrado do seu comentario, Xelo2004 a repoñelo e "advertille" por medio da caixa de resumo que non pode borralo, así unha segunda onde lle di Xelo2004 que a terceira vez o bloquea e termina por bloquealo nesa terceira ocasión.

Ante este bloqueo Alma edita na páxina de discusión de User talk:Xelo2004 facéndolle ver que consideraba o bloqueo un abuso xa que naqueles intres Xelo tiña bloqueada a súa páxina de discusión, a páxina de discusión do administrador máis activo en agosto, e non considerar que estiveran ambos interlocutores en ´condicións de igualdade (mellor ver como o redactou ela). Entraba na lea de outros, a partir de entón... decide facer unha folga de dúas horas para mostrar o seu desacordo.

A ip-Mañón pola súa parte inicia un novo tema na Wikipedia:A Taberna (políticas), co título de abuso cometido por Xelo contra do usuario Maañón, verquendo acusacións contra a administración. Xelo2004 contesta e Alma contesta tamén no mesmo día posicionandose en contra do bloqueo porque ao seu entender a administración non lle explicara coas debidas formas a User:Maañón as consecuencias do seu borrado.

Clases maxistrais[editar a fonte]

Vexa o artigo principal: User talk:Alma.

Chegado ese momento o mesmo 19 de agosto a ip-Mañón agradecelle a Alma o seu apoio. O 20 de agosto Xabier Cid tamén se dirixe a ela sinalando o seu desacordo co bloqueo e apuntando máis datos e finalmente o administrador Prevert, diríxese a Alma na súa páxina de discusión co extenso texto "Explicacións sobre a administración dos wikis", aparecendo de novo User:Maañón agradecendo a Alma o seu apoio novamente e contestándolle a Prevert, sendo contestado brevemente por Alma no User talk:Maañón co título Recomendación. No mesmo día tamén acabou intervindo o administrador Xelo 2004

Á mensaxe de Prevert Alma contestou o 20 no User talk:Prevert., Prevert volveu contestar a Alma o 22, Alma respostoulle e Prevert a ela e finalmente Alma contestou por última vez a Prevert o 29 de agosto User talk:Prevert.

O día 22 o terceiro, "ousease" eu mesmo interven por alusións na páxina de discusión de Alma... (en edición)

talk:1 de xaneiro[editar a fonte]

O 7 de agosto dous usuarios comentaron nesa páxina de discusión que non entendían o enciclopédico dun contido xa eliminado, a sección Outros: Crónicas e agoiros, comentarios que foron respostados polo administrador Xelo 2004 do inxustificable xeito que se pode ver na mesma, e iniciouse unha discusión nas que o User:moderador e eu, lamentablemente entendo agora, tamén interviñemos, amáis de outros usuarios máis. A situación quedou nun sinsaida.

User:Xelo2007[editar a fonte]

Antes deste rexistro xa Xelo recibira algún vandalismo creo recordar.

Non entendo en base a que criterios se identifica este acto de vandalismo co User:Maañón, entendendo que se debe presumir a boa fe.

O terceiro[editar a fonte]

Pois eso, entrei por referencias e toda a miña intervención posterior pode verse na páxina de User talk:Alma o 22,23, 24, e 29 de agosto. O 29 de agosto fixen unha proposta na Wikipedia:A Taberna (propostas) para que se votase pedirlle a Prevert que volvese a aceptar asumir as obrigas de administrador e burócrata nas que falaba de que el non podía ser o que asumise os erros cometidos por todos nesas páxinas. fíxeno moi tarde, cando poiden. Ao mediodía seguinte xa dous usuarios votaran a proposta, pero Xelo2004 considerou o mellor poñer un anuncio na parte superior da páxina de cambios recentes cuxo texto pódese ler agora na páxina da taberna, onde se voltou de novo ao que tiña sido o problema de todo o dislate anterior, que nadie quixo recoñecer os seus erros, todos os erros eran do outro.

Conclusión[editar a fonte]

O problema de todo este asunto veu de que a administración considerou convinte nun momento dado poñerse ao mesmo nivel que un editor que estaba realizando edicións vandálicas. Que cando chegou outro administrador apoiou ao anterior e non recoñeceu o exceso, cometendo para elo novos excesos. Que estos excesos viñan xa baseados noutras actuacións anteriores nas que a laxividade na explicación dos borrados de colaboradores, as faltas de respeto nos diálogos... pese a que esto non excusa tampouco os actos dos demáis. É obvio que todo se agravou máis todavía cando alguén pediu explicacións e se interpretou que o estaba a facer outra persoa manipulando á primeira e se procedeu a facer unha explicación exemplificante. E cando entrei eu que era eu o manipulado. Que cando eso semellaba en vías dunha mala solución pero solución, Prevert así o fixo ver coa proposta de quedar de burócrata e a puñetera teima da proposta dos administradores, pero que a última actuación a manipulación dunha proposta feita de boa fe tornou xa imposible.

Non quero con elo xustificar os meus actos pero non me quedaba outra alternativa de chamar a atención do mesmo xeito que o anuncio pero sen os mesmos medios, iso non era o que eu propuxera, só se parecía no que se pedía e nada no porque.

O resto da historia parece que segue por aquí, chegaron máis administradores e Miñato tentou facer fronte ao que non sabía que raios era, e despois outros que tamén opinaron nalgún momento por diversos lugares.

O certo é que este proxecto tíñame engaiolado. Entrei nas leas porque considero as persoas o máis importante, entrei na de 1 de xaneiro tentando moderar, que entenderan que tiñan que razoar porque non consideran unha aportación válida. Na discusión de Maañón, tentei ao darlle a benvida que se tomase un tempo para valorar aos administradores. Tentei na discusión entre Alma e Prevert, facerlle ver a Alma o que eu entendía que era a boa intención e a deferencia do traballo tomado nas primeiras mensaxes de Prevert con ela. Despois con Prevert tentei decirlle que nadie cuestionaba o quefacer dos administradores, é moi longo e está todo nos historiais, pero que como humanos todos cometemos erros e que era importante que os administradores foran os primeiros en dar exemplo.

Tiña pensado facer esta parte bastante máis longa e aclarar máis o que me levou a actuar como o fixen. Como vexo que as consecuencias de todo esto seguen a se produciren xusto caendo sobre a xente máis valiosa deste proxecto, non vou extenderme, deixoo a que queira mirar en todos esos historiais e páxinas de discusión e rogo se deixe de falar de teorías Golpistas, cando o único que leva feito o Administrador: Miñato foi pedir desculpas públicamente no nome do proxecto nos excesos que considerou de boa fe.

A modo de conclusión. Despois de pasado todo esto creo que neste caso non foron tanto as persoas as que cometeron erros, que si os cometemos, senón o propio sistema o que semellaba levar a esas situacións. Unha institución, un proxecto de traballo comunitario que leva funcionando desde o ano 2004 non pode ter unha base democrática e moito máis participativa para o seu bo funcionamento. Explico esto. O tamaño do proxecto fai que os administradores teñan gran cantidade de obrigas que cada un asume ao seu xeito. Iso obriga aos administradores a ter que actuar moitas veces de xeito expeditivo e nos límites do correcto para salvagardar o proxecto. A falta de apoio dos editores coaxuda a elo, sobre todo no día a día, nos casos puntuais é ata san que non todos estén de acordo. Tamén fai crear sospeitas aos novos usuarios (eu mesmo sospeitei cando dun día para outro apareceron novos administradores. Para min eran os máis axeitados pero non sabía de onde raios saíran nin quen os nomeara, sentinme indefenso e dirixido por non sei que?

Niste ano os que sempre levaron o maior peso da xestión do proxecto tiñan pensado sacar a normativa de elección dos administradores e establecer unha división proporcionada do traballo entre eles, en parte xa a tiñan xa que non estaban mal cordinados non pretendo dicir eso. Espero que cando vexan que xa non estou volten pero supoño que non o farán pero as miñas suposicións non valen moito quedoume máis que demostrado. Tamén estaban a traballar na mellora da implicación dos editores na administración diaria do proxecto...

Eu só sentín a obriga de actuar cando entendín que se estaba a danar a persoas e non se correxían ditos erros, lamento non ter actuado antes pero era o mes de agosto e era consciente de que había que estar co administrador, tentar calmar os folgos. Chegou un novo administrador e vinme nunha lea no ordenador do lado, na miña casa, na que se me mentaba e explicacións dirixidas de xeito exemplificante a usuaria calificada como máis perigosa que o propio usuario díscolo, e acabou derivando en moitas máis cousas....

Por todo esto, deixo o asunto por imposible xa que desde un principio non beneficiou a nadie e cada vez perxudica a máis xente que de boa fe interven no asunto nun sentido ou no outro. Que cada quen o valore como queira. Un dos principios deste proxecto é o que os coñecementos non teñan límites, xa que os coñecementos nos serven para poder configurar os nosos propios criterios con maior capacidade, polo que non son quen de cuestionar os criterios sobre este asunto por parte de xente que lle leva dedicado moito do seu tempo e os seus miolos.

Como me sinto como se só eu vise o asunto deste xeito debo ser ben raro, remato desculpándome e retírome para evitar máis dano as persoas e o proxecto. Só espero que o democraticedes e que cando cometades algún erro sexades os primeiros a hora de desculparvos.

Pido a: Prevert, Xelo2004, Alma, Maañón, Xabier Cid, Lmbuga, Miñato, Lameiro, e a todos os que se sentiran danados polas miñas palabras desculpen a miña torpeza. Tratei neste rollo de expoñer o asunto en ara a un mellor entendemento dos erros cometidos para traballar en evitalos e correxir os danos producidos na medida do posible.

Tentei en todo momento presentar a miña visión como parte interesada do xeito máis obxectiva posible para evitar redundar en temas xa tratados e zarandeados en outras páxinas que poden ser consultadas. A idea inicial era contar desde o principio da miña colaboración para que fose máis entendible que non existía ningún tipo de animadversión entre eu e o resto dos actuantes neste asunto, pero o que está a acontecer desde entón levoume a rematar deste xeito tan pouco inspirado. Rógolle a Maañón que non malinterprete que non quero falar de encontros na escuridade e cousas similares xa que nunca houbo nada de eso, simplemente os administradores coordínanse entre eles e tamén se relacionan cos usuarios, coa xente máis asídua, non hai nada escuro en que da participación saísen amizades e nunca se utilizou sistema algún por detrás da Galipedia para dirixila dun xeito partidista. De ningunha maneira houbo nada de eso, só axuda e comentar gustos, e cousas que se fan entre amigos, compañeiros ou o que sexa... mais nada.

Dóeme marchar deste xeito pero non quero levar máis baixas enrriba do lombo, e a última de Miñato, cunha teoría de Golpe de Estado que se está fraguar, como todas as demáis espero deixe de selo, e porque reitero que desfrutaba co que facía e sentíame moito máis en débeda co proxecto. Pois iso prometo marchar e non faltar a nadie máis. Nun mes ou así pasarei e borrarei toda esta borralla que acabo de escribir e sorte a todos.

Non creo que se entenda nada, non o entendo case eu.

Como decía a canción de Victor Manuel: Yo no sé si muerto el perro no se fue con él la rabia. Esta referencia vai dirixida a mín mesmo e non a ningunha outra persoa participante nestes estúpidos actos xa mal contados.

Recordade que é a miña visión e non incidín nos comentarios específicos porque xa están por desgraza en bastantes partes, tratei de poñer as ligazóns para evitar deste xeito terxiversar os feitos. Fin

Lansbricae (Ti dirás) 20:05, 4 setembro 2007 (UTC)