Conversa usuario:Knorpel

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Knorpel!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 15:54, 2 xullo 2007 (UTC)

Milhomes[editar a fonte]

Efectivamente, confundinme coa data. Xa o amaño. --Xabier Cid 08:36, 10 agosto 2007 (UTC)

Illa de San Simón[editar a fonte]

Ola Knorpel, mira de revisar este dato: O conxunto de ambalasdúas illas mide 250 quilómetros de largo e 84 de ancho. Ese dato é erróneo, seguramente te trabucaches ó engadilo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:41, 21 agosto 2007 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Posición Villamartín.png

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Posición Villamartín.png', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--Lmbuga Commons - Galipedia 22:38, 12 setembro 2008 (UTC)


*Ola, sinto darche a lata de novo, pero grazas por responderes. Debiches facer algo mal, non observo ningún cambio nos datos da imaxe. Vouche indicar paso a paso o xeito de amañar o problema da imaxe:

1. Fai click aquí: Image:Posición Villamartín.png

2. Fai click na pestana editar, situada na parte superior da foto

3. Elimina as tres primeiras liñas e escribe este texto:

{{Information
|Description=Localización Villamartín, localidade da provincia de Cádiz, Andalucía, España.
|Source='''Orixe da imaxe (ligazón a unha páxina web, datos dun libro,...). En caso de ser realizada a partir dunha outra obra, débese poñer a ligazón exacta a esa obra. En caso de ser toda a imaxe realizada por ti, escribe ''obra propia'''''
|Date=</nowiki>Data de subida ou da realización da imaxe
|Author= </nowiki>Nombre do autor
|Permission= |other_versions=
}}

4.Substitúe o que no texto está en verde (son os datos que lle faltan á imaxe) 5. Garda.

Cando o fagas, se o desexas, dimo. Se tes algunha dificultade, da índole que sexa, para colocar calquera dato, coméntamo pois quizais eu poida axudar

Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 09:16, 16 setembro 2008 (UTC)


Non é necesario que fagas nada[editar a fonte]

Encontrei en Commons a orixe da imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Posici%C3%B3n_Villamart%C3%ADn.PNG . A imaxe é idéntica

As fotos de Commons poden empregarse na Galipedia coma se xa estivesen subidas á Galipedia. Pódese borrar a imaxe da Galipedia e manterase no artigo coma se non fose borrada.

De aquí en diante, se queres usar unha foto de Commons, non a subas á Galipedia, úsaa directamente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 09:24, 16 setembro 2008 (UTC)