Conversa usuario:J. Pais
Benvido(a) á Galipedia, J. Pais!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:26, 21 novembro 2009 (UTC)
Rapote[editar a fonte]
Vexo que estás tendo algúns problemas co formato do artigo. Acabo de avisar ao usuario:Xas para que cando poida che bote unha man. Faríao el, pero el é un verdadeiro experto no tocante e lugares e parroquias. Saúdos e benvido. --Atobar (conversa comigo) 14:29, 21 novembro 2009 (UTC)
- Tería que quedar unha cousa similar a esta. --Atobar (conversa comigo) 14:30, 21 novembro 2009 (UTC)
- Ola, o artigo que creaches está en O Rapote, Broño, Negreira, O Rapote terá que ser un artigo de homónimos no caso que haxa máis lugares con ese nome ou unha redirección.--RNC 14:52, 21 novembro 2009 (UTC)
- Redirixín o artigo O Rapote cara a O Rapote, Broño, Negreira para que poidas traballar no artigo segundo o título que debe de levar segundo a convención de nomes da Galipedia, pódesme consultar calquera dúbida que teñas, con gusto procurarei axudarche.--RNC 15:08, 21 novembro 2009 (UTC)