Redemuíños, Broño, Negreira
| Redemuíños | |
|---|---|
| Parroquia | Broño |
| Concello | Negreira |
| Coordenadas | 42°55′35″N 8°46′25″O / 42.9264482052, -8.7737383959193 |
| Poboación | 35 hab. (2014) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Redemuíños é unha aldea da parroquia negreiresa de San Martiño de Broño, situada ao sur da mesma. Xunto con San Martiño, Trasbarcala e Casa de Antelo conforman a parte da parroquia que se coñece como o Anexo de Abaixo.
Dende este lugar pódese ver case ó completo a beleza paisaxística do Val de Barcala, debido a súa localización elevanda nunha ladeira do Val, segundo contaban as persoas maiores, é posible divisar territorio de ata 7 parroquias.
Noutrora a actividade principal era o sector primario, agricultura e gandaría fundamentalmente. Hoxe en día, debido fundamentalmente a un forte avellentamento poboacional e falta de relevo xeracional, a actividade agraria é residual e exclusiva para o autoconsumo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Broño
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Broño no concello de Negreira (A Coruña) | |
|---|---|
|
Broño | Casa de Antelo | Feáns | O Rapote | Redemuíños | San Martiño | Trasbarcala |