Conversa:Angrois, Sar, Santiago de Compostela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pendente artigo[editar a fonte]

Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:

  • Retirar opinións persoais do redactor, limitándose a expoñer os feitos expostos en publicacións acreditadas (non é valida como fonte o propio blog do redactor).
  • Retirar contidos non específicos deste artigo, o lugar de Angrois, da parroquia de Sar, do Concello de Santiago, e que son comúns a milleiros de lugares. Eses contidos deben ir ao seu artigo correspondente e ligarse dende aquí, se cadra, cunha ligazón interna.
  • Exemplo. O parágrafo explicando "a chamada obriga, unha peculiar sindicación voluntaria que durou ata o final do século XX... ... ...".
  • "As desamortizacións de Madoz e Mendizábal a comezos do século XIX desvinculan Angrois e as súas terras da Colexiata de Sar e o clero, sacando as súas propiedades a pública poxa. Lonxe da liberalización da agricultura, o mercado libre das terras expropiadas as pon nas mans dos máis ricos e leais ao Réxime, levando a clase campesiña a decadencia. Tanto que agora moitos deles están obrigados a arrendar as mesmas terras que adoitaban traballar, a pagar as rendas, décimos, portádegos e máis impostos reais. Esta opresión crea unidade, asociacionismo agrícola e gandeiro, dando orixe a chamada obriga, unha peculiar sindicación voluntaria que durou ata o final do século XX.[10] Como o propio nome suxire, a obriga reuniu os campesiños da aldea, pagando unha taxa voluntaria asegurándolles ante os contratempos incontables e a vulnerabilidade (morte ou enfermidade do gando, a perda de colleitas, desastres naturais). O diñeiro recadado pola obriga cubriu as desgrazas, proporcionando un punto de apoio para o desgraciado e a súa familia. Ademais, este seguro creará lazos de solidariedade e colaboración nas duras tarefas agrícolas, axudándose uns aos outros no momento do cultivo, a malla, recolleita do froito ou prensa da uva. En tempos da guerra civil española, a obriga foi táboa de salvación para recrutados, viúvas e orfos. Quizais por isto nunca foi absorbida polo sindicalismo vertical nin o democrático."
  • O parágrafo onde se di que se afuman chourizos, ... ...:
  • Angrois mantén moitas casas de arquitectura tradicional galega, algunhas delas construídas nos séculos XVII e XVIII. Son casas acondicionadas para o clima húmido e as necesidades da agricultura e gandería. Están construídas en sólidas paredes de pedra e barro de case un metro de ancho, reservándose a pedra tallada en granito para portas e ventás. A estrutura típica é de dous andares. O chan está composto pola cociña, ampla e equipada con forno de leña, cuxo lume un veciño foi responsable de manter vivo e virar as outras casas cada mañá. Xunto ao forno, tamén de pedra e barro, está a lareira, de grandes dimensións, con campá soportada por piares de granito. Na base de pedra, acendido o lume, cocíñase, quéntase a auga, afúmanse os chourizos. Para iso, da revellina colgan potas, sarténs, tixolas, estrepias. Nas artesas amásase e conserva o pan e a carne sazonada. Xunto a cociña están as cortes, onde dormen bois e vacas, que fornecen calefacción para o piso de arriba. Por riba está o faiado, onde se protexen as patacas e mazás. A casa ten xeralmente un pallote, construído en madeira e dosado a unha parede exterior, onde se acumulan as pacas para o gando e ferramentas agrícolas (carro do país, aixadas, garfos, sachas, arado romano, etc.)
  • O chan da horta é usado para o cultivo de tomate, leituga, pemento,... ... ...:
  • A parte de atrás da casa sae a horta, onde non falta o hórreo, todo de madeira (cabazo) ou mixto (granito máis madeira de castiñeiro), esencial para secar e conservar o millo. A horta da casa foi e aínda é unha fonte de recursos e espazo recreativo (Rodríguez Dacal, 1994), aporte para a economía doméstica. Nela plántanse as árbores froitais, onde non falta un limoeiro, mazás, peras, noces e loureiros e plantas aromáticas, medicinais e condimentares (romeu, arruda, melisa, menta, verbena). Digna de nota é a presenza de oliveiras, que non aportan froitos neste clima Atlántico. A súa plantación é debida á tradición cristiá de levar unha pola desta árbore as procesións da Semana Santa e máis tarde colgalo na porta da casa. O chan da horta é usado para o cultivo de tomate, leituga, pemento, cabaza, allo e cebola. Tampouco falta unha era de mallar, un galiñeiro e un pombal, paxaros que tributan á familia os seus ovos, carne e estrume para fertilizar. Nas paredes exteriores da casa colgan as viñeras que proporcionan sombra no verán, uvas en setembro e viño na primavera.
  • "As rúas antigas de Angrois son estreitas..."... "O pavimento antigo de Angrois era de lousas de pedra ou só terra, agora substituído por formigón e asfalto." ...
  • A noite de San Xoán:
    • "Na noite máxica de San Xoán, o solsticio de verán, a praza e hortas de Angrois son iluminadas con fogueiras nas que hai que saltar nove veces para afastar os malos espíritos e traer boa sorte. As brasas son usadas ​​para asar as sardiñas, que son tomadas sobre boroa (pan de centeo e millo). Previamente, a chegada da tarde, son recollidas plantas aromáticas e deixadas o orballo da noite en auga, para lavar a cara o primeiro día de verán, costume a que atribúen propiedades terapéuticas e purifica-doiras.[20]."
  • "No entroido hai abundancia de orellas, doces feitos con ovos, fariña, manteiga de anís e azucre, e filloas (feitas de leite, fariña e ovos ou sangue de porco). Outros doces tradicionais, ademais das rosquiñas xa mencionadas, son as roscas de Pascua que cada apadriñado recibe anualmente da súa madriña. É moi semellante ao popular roscón de reis tanto nos seus ingredientes como na súa forma circular e trenzada. Adoita ter unha moeda escondida no interior, para deleite do rapaz apadriñado."

--. HombreDHojalata.conversa 10:44, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Se a forma máis antiga é Angroy, todo iso que fora adaptado de Angrox (proposto por Dieter segundo o texto, quen seguramente non coñecía o documento de 1147 e adaptar de Angrox a Angrois pode ser pero de Angrox a Angroy só se xustifica como erro caligráfico, ou mesmo de lectura moi habituais nos textos medievais cando non os transcribe un paleógrafo, penso eu) e da orixe francesa (con Angrois podería ter sentido pero se a orixe é Angroy non lle vexo moita orixe francesa, eliminamos o de Angrox e Angrois como posible estranxeirismo?--Sernostri (conversa) 6 de agosto de 2013 ás 19:42 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Angrois, Sar, Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 05:16 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Angrois, Sar, Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 03:42 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Angrois, Sar, Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de outubro de 2018 ás 04:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Angrois, Sar, Santiago de Compostela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de outubro de 2019 ás 07:33 (UTC)[responder]