Conversa usuario:Gallaecio/2007
Benvido á Galipedia, Gallaecio!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.. Por certo, é unha honra aparecer nos teus agradecementos :). AlberteSi, digame? 16:14, 30 agosto 2007 (UTC)
O que está pasando (nin Iker Jiménez o sabe)
[editar a fonte]Pois nin eu o sei moi ben. Podes facerte unha idea do caso pasando por aquí e indo a caso Mañón. Alí explícanse os comezos. Podes seguir lendo ata abaixo que a cousa segue. Nun momento Prevert decide deixar de ser administrador (creo que o di na propia páxina de discusión de Alma). Logo ábrese unha votación para que recupere os permisos de administrador. Alí móntase outra. E parece ser que tras algun correo electrónico o usuario lansbricae decide facer todo esto que debes estar observando agora atónito como eu. Como ves eu tampouco me entero de moito, pero créeme que aquí non abonda estas cousas (é a primeira vez que vexo esto no ano e medio que levo rexistrado). Aquí a cordialidade é grande así que non te asustes. Un saúdo meu. A ver se consigues facerte unha idea do tema. AlberteSi, digame? 22:58, 30 agosto 2007 (UTC)
- Grazas polo aviso, primeiro de todo benvido lamento que poidas levar unha idea equivocada do que é a Galipedia, eu no tempo en que colaborei arreo estaba a gusto, sentía que estaba a facer un labor importante nun ambiente que desde logo non se parecía ao que actualmente se está a vivir, pero toda sociedade humana pasa crises que serven para fortalecerse, creo firmemente que unha vez que pase este período se continúas colaborando verás que este é un proxecto no que paga a pena estar.--Miñato 16:19, 31 agosto 2007 (UTC)
esenia
[editar a fonte]boas!
xa que vas falar de grupos que pasaron por Vigo este verán, podías falar de esenia, que foron teloneiros de Marea.
non sei se os coñecías de antes. teñen páxina web, e ó seren de Vigo estaba interesante crear un artigo deles.
un saúdo
--Estevoaei 22:52, 3 setembro 2007 (UTC)
estoicos e estoicismo
[editar a fonte]Ola, vin os teus artigos sobre filósofos... que ben! Pero non sería mellor que o título fose estoicismo? É igual, que se pode facer a redirección no outro sentido, pero paréceme máis estándar. Ti como o ves? Púxenche a mensa aquí porque afecta a varios artigos... --Xabier Cid 00:09, 4 setembro 2007 (UTC)
Homónimos
[editar a fonte]- Aqui está: Template:Outroshomónimos. Vou-no colocar na páxina de axuda sobre homónimos. --Xosé (✉) 21:40, 25 setembro 2007 (UTC)
- Ah, vaia, o que querias era simplemente crear unha páxina de homónimos. Para iso está {{homónimos}}. --Xosé (✉) 21:52, 25 setembro 2007 (UTC)
Ola, sinto dcirche que o teu voto na votación de nomes científicos por non ser válido, seguindo o acordado en Wikipedia:Votacións, non contabiliza. Porén os teus concordos en propostas da taberna ou en páxinas discusións, talks calqueras creo que si son válidos xa que trátase de chegar a un acordo entre todos e mellorar as propostas conxuntamente. Por iso é a vía principal de decisións, principalmente pola súa flexibilidade. Un saúdo e bo traballo. Semellas un bot coa velocidade á que editas Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 23:04, 25 setembro 2007 (UTC)
- Re: É tes que levar rexistrado máis de dous meses. Pero logo chega o momento. Podes ver o número de edicións que levas neste lugar Contador de edicións, poñendo o teu usuario e a gl wikipedia. Bo traballo e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 06:44, 26 setembro 2007 (UTC)
É para avisar que xa existe un artigo Immanuel Kant. Xas, 26 setembro 2007
- Ola Gallaecio, que tal? Quería preguntarche se non cometerías un erro ó eliminar a información do artigo Gran Bretaña, xa que creo que fai referenza a Gran Bretaña e non ó Reino Unido. Polo demais tamén aproveito para felicitarte pola gran laboura que realizas en prol da Galipedia. E de paso dicirche que 1º de bacharelato non é moi difícil, con darlle caña ás mates penso que se saca ben. 2º xa é outro cantar. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:48, 27 setembro 2007 (UTC)
- Si, a veces hai confusión e se lle chama ó estado como á illa, esquecéndose un pouco da Irlanda do Norte. Creo que como o deixaches agora está perfecto. Por certo, está guapo o grupo, pero... cantades en inglés!! Vaia, así non vos entendo a letra, xa que son negado para o inglés. Por certo, fuches ó concerto dos Arctic Monkeys este ano? Eu andaba por alí, quizais coincidimos sen decatarnos. Foi moi bo o concerto. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:48, 28 setembro 2007 (UTC)
- Si que escoitei (e lin) sobre que estiveran xogando no parque e ninguén os recoñeceu. De feito eu tampouco os recoñecería porque coñecía a súa música pero non o seu aspecto físico. Eu estiven na grada, que tamén era gratis. Fixen unha crónica do concreto no meu blog, con algunha foto. Íache mandar esta mensaxe por correo electrónico para non usar esto como un chat, mais non tes ningún nas túas preferencias. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:22, 28 setembro 2007 (UTC)
Suaves
[editar a fonte]Ola, desfixen algunhas modificacións que fixeches no artigo dos Suaves, coma a de poñer que Ourense está en España ou a de mudar o país dos Suaves de Galicia por España. Sen entrar agora en se Galicia é un país ou non (é unha cuestión que non me preocupa demasiado), nestes casos na wikipedia séguese a práctica de indicar que son galegos por unha cuestión de relevancia: prós lectores da Galipedia, non é o mesmo que un grupo sexa español que galego, aínda que obviamente o que é galego sexa tamén español. Non sei se me explico ben, pra empezar porque xa é algo tarde. Se queres que afonde nalgún destes puntos, dimo, que encantado. --Xabier Cid 23:19, 29 setembro 2007 (UTC)
Non, a ver, non quería entrar no debate de se nación/país/estado... Se se escolleu país creo que é porque é un termo suficientemente ambiguo que tanto se pode axeitar aos estados, ás nacións, ou a entidades culturais particulares, ou como queiramos chamarlle. O que che quería dicir é que estamos perante un debate de relevancia, non ideolóxico: é dicir, o que é relevante prós lectores galegos da Galipedia é que os Suaves son un grupo galego, e xa ben todos sabemos que Galicia é parte de España. Tamén entendo que a maioría podemos chegar a convir con que Galicia sexa un país, se ben evidentemente non é un estado, e só discutiblemente é unha nación. O que quería dicirche é que a mudanza a fixen por coherencia co que se leva feito ata o de agora na Galipedia, e por relevancia e interese prós usuarios, e non por motivos ideolóxicos. ;) Un saúdo --Xabier Cid 09:52, 1 outubro 2007 (UTC)
Votar
[editar a fonte]Xa serás "maior de idade" ;-) --Xosé (✉) 21:16, 1 outubro 2007 (UTC)
== Eleccións de administradores
==
Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:15, 3 outubro 2007 (UTC)
- Ola Gallaecio! O teu voto xa é válido, así que onde votaches na páxina dos nomes científicos podes destachalo, ou modificar o teu voto, como prefiras. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:03, 22 outubro 2007 (UTC)
Nomes propios
[editar a fonte]En galego os nomes de monarcas e papas si se traducen sempre (exemplos en Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos). Cómpre desfacer as modificacións que fixeches (non é unha cuestión de respecto ou non, é tradición). --Xosé (✉) 16:53, 21 novembro 2007 (UTC)
Vigo
[editar a fonte]Eu tamén pensaba ir pasando os contidos das seccións de Vigo a artigos novos. Porén, ten que quedar algo no artigo principal porque se non este convírtese nunha páxina de ligazóns. A idea é que quen queira saber que é Vigo poida ler o artigo e informarse así. Se quere aprofundar nalgun dos aspectos, vai aos artigos máis extensos. Mira os exemplos da Coruña e Pontevedra. --Xosé (✉) 18:07, 25 novembro 2007 (UTC)
- Normalmente eu tomo o enfoque contrario, que aforra traballo :-) Deixo o que está no artigo principal (en principio non será demasiado grande), creo o artigo novo e logo amplío este. --Xosé (✉) 18:29, 25 novembro 2007 (UTC)
Normativa oficial
[editar a fonte]Tiven que desfacer a tua edición en Normativa oficial do galego - Uso das maiúsculas porque o texto corresponde ao texto oficial. --Xosé (✉) 21:29, 25 novembro 2007 (UTC) Descríboche a situación: estas páxinas da serie "Normativa oficial" creáronse primeiro no espazo de nomes Wikipedia; eran unha axuda para usar o galego; poderian ter sido simples consellos pero eu utilicei o texto da publicación oficial e paseino a páxinas. Ao cabo dun tempo pensouse que era mellor sacalo fora e darlle páxinas propias. Por iso o texto non se pode tocar. Hai xa algun tempo que veño pensando en que esta non é unha boa situación porque, en principio, todo o que haxa na wikipedia debería poder ser mellorábel - o seu sitio está, no meu ver, en wikifontes. Comenteino hai meses pero díxose que aquí estaba ben (vamos, que se ia botar de menos). Creo que chegou o momento de prescindir destas páxinas e substituilas precisamente polo que estás facendo ti. Non te preocupes polo traballo que che desfixen, porque sempre o podes recuperar no historial. --Xosé (✉) 21:33, 25 novembro 2007 (UTC)
- Deixádeme intervir na vosa conversa. Creo que estas páxinas de Normativa Oficial deben quedar aquí, accesibles desda a Gali, e case mellor ben enlazadas desda Axuda. Fai falta unha Normativa accesible e completa. O que non comparto é que, por se-la Oficial teña que ser intocable. Non serei eu quen discuta nin emende a Norma, pero ten que ser posible engadir máis exemplos e máis casos problemáticos que a Norma non recolle pero si que o fan as Gramáticas modernas e rspectuosas co cambio ortográfico. Non sería "substituílas", senon completalas ata onde sexa posible. ¿O criterio? O que marquen as Normas. ¿O perigo? entrar nunha nova guerra idiomática que queira oficializar, cando menos na Galipedia, alternativas á Norma.
- ¿Pasar a wikifontes este texto das normas oficiais e deixar aquí un texto baseado nelas e ampliado? Como queirades, aí non me meto. Pero, porfa, non dificultedes o acceso ás Normas, que boa falta nos fan. Pedro --Lameiro (conversa) 21:55, 25 novembro 2007 (UTC)
- Aquí tes todo o texto que creaches e que se pode aproveitar nun artigo que se chame Maiúsculas en galego ou algo así. --Xosé (✉) 14:58, 26 novembro 2007 (UTC)
Grazas
[editar a fonte]Grzas polo aviso, estaba despistada, dabame avisos o da fundación wikimedia e ao final editei onde non quería, ;), por certo parabéns polo teu bo facer. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:40, 26 novembro 2007 (UTC)
Non hai de qué, a mandar! :) --☣Banjo tell me 21:00, 27 novembro 2007 (UTC)
Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música
[editar a fonte]Pasei o que deixaches na páxina da categoría Música a Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música, onde hai máis propostas. --Xosé (✉) 22:05, 28 novembro 2007 (UTC)
- Ola Gallaecio! Vin que creaches un modelo infobox software. Porén xa existía un semellante: Modelo:Software. Quizais sería mellor ter só un dos dous. Creo que a mellor solución é mellorar Modelo:Software coas túas mudanzas de Modelo:Infobox software, xa que o modelo:Software está incluído en máis artigos. Logo tan só habería que mudar o modelo do artigo Ares Galaxy. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:40, 2 decembro 2007 (UTC)
- Ola, vou desfacer os teus últimos trocos en Model:Software porque coas últimas mudanzas estropéase o template nas páxinas que estaba incluído. Ademais *desenrolador é incorrecto e rodapé é unha forma válida. Agardo que non che importe. Saúdos. AlberteSi, digame? 18:27, 2 decembro 2007 (UTC)
- Vale, mantiven o de última versión e a marxe de 10px. Non estou seguro de que rodapé sexa correcto neste contexto, pero de mudarse tense que mudar en todas as páxinas nas que o template estea incluído, e como é un pouco lioso pois é mellor deixalo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:48, 2 decembro 2007 (UTC)
- Ola, vou desfacer os teus últimos trocos en Model:Software porque coas últimas mudanzas estropéase o template nas páxinas que estaba incluído. Ademais *desenrolador é incorrecto e rodapé é unha forma válida. Agardo que non che importe. Saúdos. AlberteSi, digame? 18:27, 2 decembro 2007 (UTC)
Imaxe da Fundación Casares
[editar a fonte]Gustoume a resposta a miña petición, a verdade é que a culpa foi miña por non poñer o 3º e máis importante requisito de todos: Dispor dunha cámara, móvil con cámara ou dispositivo afín, je je, espero que xa botaras a carta aos reis e que se porten e te traian a cámara xa que polo menos es o único que cumpre 2 de 3. Saúdos e agardo logo ata o 7 de xaneiro, se non a colgas será que che trouxeron carbón, que se é así polo menos que sexa do doce. ;) --Alma (fálame eiquí) 18:30, 6 decembro 2007 (UTC)
Música
[editar a fonte]Xa nen lembraba esa conversa, a túa síntese pareceme moi boa, mágoa que nos vaia levar moito tempo encher todas esas categorías. o único problema que lle vexo é o mesmo que lle vexo a todos os sistemas das outras wikis, que están centrados na tradición occidental, o que ten un certo sentido porque esa tradición estase a facer cada dia mais universal, pero para min faise necesario separar ben unhas das outras. Para min todos so tópicos que teñan mais de unha tradición deben especificarse, desde notación até escala, ainda que a clave de sol e a escala diatónica parezan universais non o son, e eu penso que deberiamos diferenciar. do resto a min o teu esquema pareceme aplicábel directamente, quizá haxa que miralo un par de veces por se falta algo e listo.
Até logo --emilio juanatey(talk) 22:18, 6 decembro 2007 (UTC)
- Incluín algunhas cousas na páxina, a ver que che parece, o tema é moi complexo, pero a ver se comezando ben non acabamos tan mal como as outras wikis, que están moi desordenadas.
Un saúdo. --emilio juanatey(talk) 09:35, 7 decembro 2007 (UTC)
Artigos de novas
[editar a fonte]Ola, Gallaecio. Si, tes razón. Foi algo que quedou esquecido en tempos nos que non sei se había as wikinews. Coido que se pode cambiar de categoría, pero máis ben para historia ou algo así que para 'actualidade'--Agremon(contacto) 13:04, 7 decembro 2007 (UTC).
Antimonicreques
[editar a fonte]Ola, redactei o que propuñas ti en relación cos usuarios rexistrados nas normas antimonicreques. Bótalle un ollo, a ver se cres que recolle o que ti dicías. ;) Saudiños --Xabier Cid 16:15, 9 decembro 2007 (UTC)
Hola, can you please help to translate the article stated above into English? I really wonder why has it not been in English yet, as it is such an important organisation of the Galician language right? Thank you very much!
Btw since you're a first language speaker of Galician, do you understand Portuguese with just a little problem? --Edmundwoods 19:00, 20 decembro 2007 (UTC)