Conversa usuario:Concello de Larouco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Concello de Larouco!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Concello de Larouco. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de abril de 2021 ás 09:56 (UTC)[responder]

Investigacións orixinais[editar a fonte]

Ola Concello de Larouco. Benvido ao proxecto.

En relación ás túas edicións, quería dicirte que a Wikipedia non é lugar para publicar investigacións orixinais. Tes máis información sobre ese aspecto en Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria.

Por iso, por favor, indica en notas ao pé as referencias da información que achegas, segundo o indicado en Wikipedia:Citar as fontes. En caso contrario, as túas contribucións poderían ser revertidas.

Graciñas, un saúdo e a seguir. . HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2021 ás 20:01 (UTC)[responder]

Procedencia das achegas[editar a fonte]

Ola, compañeiro/a.

O texto que engadiches ao artigo de Larouco é copiado todo do libro de Castro Voces? Pregunto.

Un saúdo e a seguir . HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2021 ás 20:06 (UTC)[responder]

Política de nomes de usuario[editar a fonte]

Dámosche a benvida ao proxecto e agradecemos as túas contribucións. Comunícome contigo porque o nome de usuario que escolliches non se axusta ben de todo ás políticas vixentes na Galipedia En concreto podes consultar aquí os seguintes puntos:

  • 2.4 Nomes de usuario que impliquen o uso compartido

As contas de usuario da Wikipedia non deben compartirse por máis dunha persoa, polo que os nomes de usuario que impliquen a posibilidade de ser un usuario compartido non están permitidos.

  • Unha conta de usuario debe representar só a unha persoa individual e non a un grupo. Non se permite compartir unha conta de usuario (ou contrasinal da mesma), e calquera proba do mesmo resultará no bloqueo da conta.
  • Os nomes de usuario que indiquen unha posición dentro dunha organización (Exemplo:"Secretario da fundación XY") non están permitidos, xa que dita posición pode estar representada por distintas persoas en determinados momentos.
O nome de usuario escollido semella representar un colectivo e unha institución pública. Por esta razón agradeceríache que valorases a posibilidade de mudalo utilizando este formulario. Como pode ser o caso de que representes oficialmente ao concello de Larouco, podes escribirme un correo electrónico de xeito que de maneira privada poida asesorarte nas posibilidades que ten a institución de colaborar co proxecto e o modo máis acaído de rexistrar as contribucións con contas individuais. Para facelo tes que ir á miña páxina de usuaria e no menú da esquerda premer en "enviar correo electrónico a esta usuaria" ou premer directamente aquí. Se o prefires podes escribir a calquera dos outros administradores activos que aparece nesta lista seguindo o mesmo procedemento. Moitas grazas. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2021 ás 18:58 (UTC)[responder]